A PLÁSTICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

A actividade a desenvolver con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, pretende crear imaxes que ilustren e denuncien diferentes formas de violencia machista. Traballamos manipulando representacións artísticas diferentes que retratan a todo tipo de mulleres, e buscamos darlles un novo significado, cambiando o sentido das mesmas ao recortalas, combinalas con outras, debuxalas, borralas,... Usamos a subxectividade da linguaxe plástica para que estas imaxes transmitan unha nova mensaxe: como é estar na pel da muller que sufre violencia de xénero en algunha das seus formas ou graos. Queremos amosar a outra cara da moeda desa representación ideal feita habitualmente do mundo feminino, mostrar a cara que case sempre permanece oculta pero que existe, e que é necesario denunciar para poder cambiar. Esta actividade realízase en colaboración entre os Departamentos de Debuxo do IES Moncho Valcarce de As Pontes (cursos DAI de 1º de Bacharelato) e do IES Anxel Fole de Lugo (cursos de EPVA 4º de ESO e DA II de 2º de Bacharelato).

Todos os traballos poderanse ver na seguinte páxina.