TALLER DE EDUCACIÓN SEXUAL

Os centros educativos constitúen un espazo de socialización esencial no desenvolvemento de mozos e mozas. Un espazo no que ademais de recibir formación académica, representan un lugar de encontro para a relación co grupo de iguais no que se forxan valores, actitudes e modelos de conduta. É fundamental elaborar estratexias socio-educativas que aborden diferentes temáticas, entre elas, a Educación Sexual. A sexualidade é unha condición indisociable do ser humano que nos fai persoas únicas e particulares. Nunha etapa de cambios como é a puberdade, é importante que mozos e mozos conten coas ferramentas e instrumentos precisos que os acompañen e axuden no seu propio proceso de sexualidade. O obxectivo fundamental é que mozos e mozos aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa sexualidade dunha maneira positiva e satisfactoria.