Actividades realizadas ata a data

CHARLA: SAÍDAS PROFESIONAIS NAS FORZAS ARMADAS

 O día 11 de febreiro o alumnado de 4º de ESO asistiu a unha conferencia impartida por membros das Forzas Armadas. O obxectivo do devandito acto foi que o alumnado coñeza as diferentes opcións onde poder desenvolver a súa carreira profesional.

 

DIA DA MULLER NA CIENCIA

 O día 11 de xaneiro conmemórase a nivel mundial o “Día internacional da muller e a nena na ciencia”. Con tal motivo realizouse no salón de actos unha conferencia impartida por unha científica de ENDESA que puxo de relevancia a importancia que ten a visibilización da muller  en campos nos que a súa presencia aínda e minoritaria.

 

 

SAÍDAS PROFESIONAIS NAS FORZAS ARMADAS

Mañá, 11 de febreiro de 2020, ás 11:20h. haberá unha charla informativa sobre as saídas profesionais nas Forzas Armadas.

Vai dirixida ao alumnado de 4ºESO. Haberá un punto informativo para toda persoa interesada.

 

VISITA A ARTEIXO TELECOM E A SEARA

O día 7 de xaneiro, o alumnado de 2º ESO A  visitou as instalacións da Asociación de empresarios de As Pontes “SEARA”  e as da empresa “ARTEIXO TELECOM”. O obxectivo desta visita é  tomar contacto co mundo empresarial da localidade, aprendendo a importancia que teñen os parques empresariais no desenvolvemento económico da vila.

 

VISITA A SEARA-BIOMASA FORESTAL

O día 31 de xaneiro, o alumnado de 2º ESO B visitou as instalacións da Asociación de empresarios de As Pontes “SEARA”  e as da empresa “BIOMASA FORESTAL”. O obxectivo desta visita foi  tomar contacto co mundo empresarial da localidade, aprendendo a importancia que teñen os parques empresariais no desenvolvemento económico da vila e o uso das enerxías renovables para evitar o quentamento global do planeta.

 

CELEBRACIÓN DA CANDELARIA

O luns 3 de febreiro o departamento de Francés realizou un obradoiro de elaboración de crêpes para todo o alumnado de Francés. O día da Candelaria (La Chandeleur) celébrase en Francia cociñando crêpes e disfrutándoas coa familia e cos amigos, mesmo nos colexios. Trátase dunha tradición ancestral que traía boa sorte coa colleita de trigo. Preparámolas con Nutella, con xamón e queixo ou con nata montada para os máis larpeiros. Deliciosas. Bon appétit!

 

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ

O día 30 de Xaneiro celebrouse a nivel mundial o “DÍA DA PAZ”. No noso centro quixemos aportar o noso gran de area á dita conmemoración. Pretendese fomentar así valores humanas como a igualdade, a solidariedade, o pacifismo e o rexeitamento á violencia en calquera das súas manifestacións. 

 

 

TEATRO EN FRANCÉS

O alumnado de francés asistiu a unha obra de teatro en francés chamada “QUASIMODO”, unha adaptación do libro “Notre Dâme de Paris” escrito por Victor Hugo.

A asistencia a este acto cultural tivo como fin mellorar a comprensión oral en francés e tomar contacto coa cultura e literatura francesa.

 

SAÍDA SEARA-ACEBRÓN

O día 24 de febreiro, o alumnado de 2º ESO B visitou as instalacións da Asociación de empresarios de As Pontes “SEARA”  e as da empresa “ACEBRÓN GROUP”. O obxectivo desta visita é  tomar contacto co mundo empresarial da localidade, aprendendo a importancia que teñen os parques empresariais no desenvolvemento económico da vila.

 

Distribuir contido