Benvida á web do IES Moncho Valcarce

                           

 

 

 

 

 

 

 

Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce

Rúa de José María Penabad López, s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Teléfono 881 93 00 55 - Fax 881 93 00 64 - ies.moncho.valcarce@edu.xunta.es - Teléfono móbil 698 12 54 23

 

Comunicado

O IES Moncho Valcarce informa de que son totalmente falsas as informacións relativas á aprobación dunha normativa que regule a vestimenta do alumnado.

Infórmase, así mesmo, de que non foi imposta ningún tipo de sanción ao respecto.

 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Lista de libros de texto 2018-2019

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Días non lectivos do curso 2018-2019 solicitados á Xefatura Territorial de Educación segundo o disposto na Orde do 28-maio-2018 (DOG 8-6-2018):

- Venres 2-novembro-2018

- Luns 18-marzo-2019

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior 2019

Prazo de inscrición para grao superior: do luns 28-xaneiro ao venres 8-febreiro-2019

Prazo de inscrición para grao medio: do xoves 7 ao venres 22-marzo-2019

Información 

Proba para obtención do título de graduado en secundaria para maiores de 18 anos.

Convocatorias de maio e setembro. DOG Núm. 17 do 2019/1/24

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Proceso de admisión e matrícula 2019-2020

Lista de alumnado que reservou praza para 1.º ESO 2019-2020

Lista de alumnado que reservou praza para 1.º bacharelato 2019-2020

Número de postos escolares vacantes por curso (1-3-2019)

 

O prazo para entregar as solicitudes de prematrícula será do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive)

O alumado dos centros adscritos (CEIPP A Magdalena, CEIPP Santa María, CEIPP Mosteiro de Caaveiro de A Capela, CEIP O Marbán de As Somozas) de primaria que xa fixo a reserva de praza e o alumnado que xa está a cursar a ESO ou o Bacharelato no noso IES non precisa facer ningún trámite neste procedemento posto que ten garantida a praza. Non obstante, para conservar a praza deberá matricularse dentro dos prazos establecidos.

 As familias que desexen información ou coñecer o centro poden chamar ao teléfono 881 93 00 55 en horario lectivo.

Normativa de aplicación:
Orde do 25 de xaneiro de 2017.
Orde de 12 de marzo de 2013.
Decreto 254/2012, do 13 de decembro.

 

 

VISITA AO MUNCYT

 

A visita ao MUNCYT trátase dunha primeira aproximación ao método científico, o cal permite un coñecemento da forma de traballar e desenvolver ciencia, de maneira que se poda valorar a importancia dos seus avances por parte do alumnado. Tamén repercute á hora de mellorar a Competencia de Aprender a Aprender (preguntarse por maneiras de resolver unha cuestión concreta). Por último, tamén hai que valorar as relacións sociais entre o alumnado e tamén entre eles e o persoal do museo. 

CASA-MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO E GALIPARK

 

O alumnado de 2ºB asistiu o 28 de marzo a unha excursión a Padrón gracias ao premio recibido por unha das alumnas (Sara Fontao) por un concurso de debuxo sobre a Violencia de Xénero organizado pola Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia. O premio consistía nunha excursión con todos os gastos pagados a Padrón para visitar a Casa-Museo de Rosalía e Galipark, que é un parque temático para realizar actividades deportivas e de aventura. A  excursión foi todo un éxito, houbo cultura, diversión, deporte e acompañou o bo tempo durante toda a xornada. 

TEATRO GRECOLATINO (OURENSE)

 

O día 26 de marzo de 2019, o alumnado de 3º e 4º da ESO de Cultura Clásica, Latín e Grego realizaron unha saída á cidade de Ourense para asistir á representación da obra "Miles gloriosus" de Plauto e visitar o Museo Arqueolóxico Provincial. A devandita actividade ten como fin recoñecer e valorar a influencia das manifestacións artísticas e culturais do mundo clásico.

CHARLA DE FORMADORES DE HOSTELERÍA

 

O pasado mércores, 20 de marzo de 2019, representantes da Escola de Hostelería de Pontedeume realizaron unha demostración culinaria ante o alumnado de 3º da ESO. A devantita actividade vaise volver a repetir ao longo do curso co fin de dar a coñecer novas saídas laborais ao noso alumnado.

 

LECTURA DE POEMAS NA BIBLIOTECA

 

 

O día 15 de marzo, os alumnos e alumnas do club de lectura (1º, 2º e 3º da ESO), dinamización e algúns máis recitaron poemas propios e alleos. Para a actividade contamos coa colaboración da TV de as Pontes que elaborou un vídeo que se proxectará ademais no instituto o día 21 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Poesía. 

TEATRO GRECOLATINO

 

O día 12 de marzo de 2019 o alumnado de Latín, Grego e Literatura universal de 1º e 2º de bacharelato disfrutaron das representacións do Festival de teatro grecolatino, celebrado en Lugo. Asistiron ás representacións dunha traxedia grega, As troianas, de Eurípides, e dunha comedia latina, Anfitrión, de Plauto. Pola mañá fixeron un paseo pola muralla romana de Lugo e visitaron a súa catedral.

LABORATORIO DE MEDIOAMBIENTE DE GALICIA-SEDE A CORUÑA

 

 

 "O xoves 28 de febreiro o alumnado do Ciclo Formativo do Grao Superior de Laboratorio de Análise e Control de Calidade visitaron as instalación que o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia ten na cidade da Coruña. A actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta Protexe o teu Medio no cal as alumnas e os alumnos, de xeito interdisciplinario, desenvolven competencias en investigación medioambiental mediante a observación directa do estado das augas continentais e costeiras, dos solos e da auga da chuvia, que constitúe un indicador da contaminación do aire ambiente. Alí explicáronlles as actividades ás que está dedicado o laboratorio visitado e a aplicación dalgunhas técnicas clásicas como os métodos gravimétricos, colorimetrías, determinación de N polo método Kjeldahl..., ademais do funcionamento do seu Sistema de Xestión de Información do Laboratorio, LIMS.

A continuación acercámonos ás instalacións do Laboratorio Interprofesional Gallego de Análisis de Leche (LIGAL), unha asociación sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, e que está conformada por representantes das industrias lácteas e por produtores. Esta última visita pretende complementar as competencias do noso alumnado no marco do módulo de Ensaios Microbiolóxicos, xa que alí vimos a aplicación de técnicas manuais de cultivo de mostras sementadas en superficie e en profundidade, aplicación do método de filtración en membrana... así como técnicas punteiras para a identificación e determinación da susceptibilidade antimicrobiana de bacterias como o VITEK®, por exemplo. No LIGAL tamén visitamos o laboratorio de Análise Instrumental, o de Ensaios Físicos, e demais equipamento e instalacións."

ENTROIDO 2019

 

 

O pasado 1 de marzo celebramos o festival do Entroido 2019. Tiveron lugar diferentes actividades como o concurso de disfraces, a degustación de postres típicos e diversas actuacións musicais.

Distribuir contido