SAMAÍN 2023

 

 

Un ano máis celebramos a festa do Samaín. Espíritos, bruxos e bruxas, cabazas, esqueletos e seres da nocturnidade deambularon polo noso centro para recordarnos que están entre nós, aínda que ás veces non os vexamos con claridade... Feliz Samaín 2023 a tod@s!!!

 

VISITA A GAIRESA

 

 

O alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e Control de calidade visita a empresa GAIRESA con obxecto de achegarse ao ámbito industrial da contorna en relación á formación que están a recibir. Na visita puideron coñecer os inicios, evolución temporal, investigacións, deseños de novos produtos e aplicacións de GAIRESA e ademais visitaron os laboratorios de Control de Calidade, Investigación Química e Ensaios Físicos que lles permitiron poñer en práctica gran parte dos contidos teóricos traballados no centro.

CLUB DE LECTURA 2024

 Como todos os anos, o club de lectura de adultos concede a oportunidade de participar da lectura compartida a pais, nais, profesores e persoal non docente. A dinámica é sinxela: escollemos unha ou dúas novelas por trimestre, que lemos na casa, e fixamos unha reunión trimestral para poñer en común as nosas percepcións da obra. Nesta convocatoria a reunión vai ser un venres de 12:10 a 12:30. 

Se precisas máis información ou queres anotarte, contacta con Diana Aradas (coordinadora da actividade) chamando ao centro os xoves de 10:30 a 11:20. 

 

VISITA A SOLOGAS E SOGARISA

 

O mércores 18 de outubro as/os alumnas/os de Tecnoloxía de 4º ESO e os de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º e 2ºBAC realizaron unha visita ás plantas de Sologas e Sogarisa nas Somozas. Na primeira puideron comprobar como a partir de refugallos procedentes de supermercados, excedentes da industria cosmética, restos de matadeiros... pódense obter materiais con valor engadido como compost, fertilizantes ou mesmo biogás, que coa próxima ampliación da planta, comezarase a comercializar como combustible para vehículos. En Sogarisa coñeceron o tratamento que se lles dá aos residuos industriais, na súa maioría procedentes das industrias farmacéutica e química, que deben ser transformados en residuos inertes antes de almacenalos nos vertedoiros cos que conta a empresa, que tamén puideron visitar, dous deles xa selados e o terceiro en proceso. Sen dúbida unha visita que nos serviu para concienciarnos da importancia de reducir o noso consumo e facelo de xeito máis responsable.

 

BO CURSO 2023-2024

A Comunidade educativa do I.E.S. MONCHO VALCARCE desexa un bo e proveitoso curso!!!

 

MOBILIDADE AOS PAÍSES BÁLTICOS (ERASMUS+)

                     

                                        

Durante os días 4 e 9 de xuño do curso 2022-23, un profesor do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e participante no Club de Ciencia do IES Moncho Valcarce, realizou unha mobilidade aos países bálticos (Lituania e Estonia) dentro do programa Erasmus+ da Xunta de Galicia, a cal foi organizada polo CFR de Ferrol.

Esta actividade formativa de profesorado tivo como principais obxectivos a formación nun país estranxeiro no uso da robótica e outras actividades STEM no ámbito educativo, así como o coñecemento doutros sistemas educativos dentro do ámbito europeo. Secundariamente foi unha oportunidade excepcional para mellorar a competencia lingüística do profesorado, así como unha forma de establecer contactos no ámbito educativo non só no estranxeiro senón tamén entre as persoas participantes.

A primeira actividade formativa realizada o día 5 de xuño, o profesorado participante tivo a oportunidade de visitar e reunirse con representantes do Ministerio de Educación, Ciencia e Deporte de Lituania, na cidade de Vilna, onde se plantexaron dúbidas, ideas e experiencias do noso sistema educativo e do propio de Lituania. Ese mesmo día realizouse unha visita a un centro educativo de secundaria de referencia na mesma cidade, o Vilnius Pilaite Gymnasium.

Nos días seguintes, os asistentes estiveron na cidade de Tallin (Estonia), onde recibiron formación na Universidade de Tallin sobre o sistema educativo estoniano, así como un taller sobre o uso de robots no eido educativo, practicando e recoñecendo diferentes modelos que poden empregarse en diferentes etapas educativas dentro e fóra das aulas. Tamén foi nesta cidade, onde se visitou o parque temático de divulgación sobre inventos e ciencia PROTO invention factory, onde se fan talleres con grupos escolares no ámbito STEM.

En resumo, esta actividade foi unha excelente oportunidade para a formación do profesorado no ámbito STEM que seguro será de proveito na realización de novos proxectos co alumnado dentro e fóra da aula, como no caso do Club de Ciencia do instituto.

                                    

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2022-2023

 

 

Se queredes ver un vídeo resumo do festival tedes que premer na foto. 

Un ano máis despedimos o curso cun festival no que participou alumnado de todos os niveis da ESO. Resultou unha mañá diferente, onde o noso alumnado demostrou as súas habilidades artíticas. Felicitacións para todo o alumnado e profesorado  participante.

Boas vacacións para toda a Comunidade Educativa!!!

  

SAÍDA AO LAGO

 

O martes 20 de xuño os tres grupos de 1º da ESO fixeron unha andaina ata o lago das Pontes. Foi unha mañá lúdica na que tódol@s alumn@s disfrutaron da práctica de deportes ao aire libre e de convivencia. Practicamos diferentes deportes tanto acuáticos como fóra da agua. E o máis importante de todo foi que se fomentou o compañeirismo, e compartíuse a ledicia de camiñar, xogar todos xuntos e pasar unha mañá diferente.

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

 

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

O alumnado de 1º ESO C, coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega , gravamos un vídeo cunha pequena recompilación de cancións en galego. Puxémonos na pel das e dos artistas e actuamos, bailamos e cantamos ao seu son; AO NOSO SON.

 

REPRESENTACIÓN DE MICRO-TEATROS

 

O venres 16 de xuño os alumnos e alumnas de 1º ESO A representaron os seus traballos finais da materia de Proxecto Competencial correspondentes a MICRO-TEATROS.

Ao longo do curso desenvolvemos o proxecto “Super HEROES e VILÁNS nas PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ”.

Distribuir contido