VISITA Á ESTRELLA DE GALICIA
O alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e Control de calidade visitou o pasado 13 de decembro as instalacións que “Hijos de Rivera” (Estrella Galicia) posúe no Polígono de A Grela para coñecer de preto a súa evolución histórica (dende o nacemento da compañía ata a actualidade), a variedade de produtos comercializados e tamén o seu proceso produtivo, liña de envasado e control de calidade.
NADAL 2023-2024
Un ano máis o IES Moncho Valcarce dálle a benvida ao nadal e para elo engalanamos a entrada do noso centro dun xeito navideño para celebrar estas festas.
Bo nadal a todas e a todos!!!
VISITA A ENDESA
O alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e Control de calidade visitou nesta semana dous enclaves básicos para comprender e poñer de manifesto o desenvolvemento industrial de As Pontes: o Centro de Interpretación da Mina onde puideron comprender a evolución dende a explotación do xacemento mineiro ata o lago actual, e o Centro Tecnolóxico da Enerxía (Laboratorio de Endesa, Enel) onde puideron observar de preto a importancia da aposta pola tecnoloxía, o análise químico e físico como pilares fundamentais para o desenvolvemento industrial.
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SOCIAL
As actividades realizadas buscan promover a educación sexual dende o plano afectivo, aprendendo a respetar os sentimentos alleos no plano das relacións persoais. É importante que os rapaces e rapazas coñezan a realidade das relacións sexuais baseadas no respecto . Coa actividade preténdese ensinar ao alumnado a descubrir as súas necesidades e sentimentos pero tendo como obxectivo o consentimento mutuo.
CALENDARIO DE ADVENTO
Calendario de Advento Científico realizado polo alumnado do Club de Ciencias, en colaboración cos grupos de 3ºESO C e 4ºESO A da materia de Bioloxía e Xeoloxía. Durante o mes de Nadal, cada día lectivo abrirase un sobre, o cal contén unha breve historia sobre unha muller científica e os seus logros neste eido, coa intención de divulgar a súa obra a toda a comunidade educativa. Marie Curie, Margarita Salas, Rosalin Franklin, Elena García Armada… están desexando contarvos a súa historia!
6 DECEMBRO, DÍA DA CONSTITUCIÓN
Un ano máis o IES MONCHO VALCARCE conmemora o 6 de decembro, Día da Constitución, cunha pequena homenaxe na entrada do noso centro. Alí temos exposto un exemplar da Constitución para que todo o alumnado que mostre interese en consultala, poda facelo.
CONTE AVEC MOI (CONTACONTOS EN FRANCÉS)
Samuel,contacontos de orixe camerunés presenta unha actividade dirixida ao alumnado de francés de 1º e 2º de ESO. Trátase de tres relatos curtos nos que o contacontos fai intervir ao alumnado e amósalles dun xeito sinxelo unha aprendizaxe ou consello en cada conto. A actividade desenvólvese cun certo aspecto lúdico que fai que resulte moi divertida.
COLABORACIÓN CO CPI ATIOS DE VALDOVIÑO
O alumnado do Ciclo Superior de Laboratorio de Análise e de Control de Calidade colabora co CPI Atios de Valdoviño contra a Violencia de Xénero, publicitando os logos deseñados polo alumnado do devandito centro.
VESTIDOS DE NEGRO POLO 25N
O alumnado do IES MONCHO VALCARCE vestiu de negro este venres como mostra de solidaridade co Violencia de Xénero.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »