try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Blogue

Miscelánea- Lecturas, curtas, música, artículos

De maior quero ser científica

De maior quero ser científica é unha das accións vinculadas á iniciativa de divulgación científica, co obxectivo de achegar á sociedade a investigación biomédica, tecnolóxica e innovadora realizada por mulleres.

O 7 de febreiro de 2021 "La Voz de Galicia" publicaba un artigo no que se poñia de manifesto que a presenza fiminina no material educativo unicamente alcanzaba o 7,6%, un estudio publicado en Science desvelou que a partir dos seis anos as nenas asocian a brillantez e a intelixencia co xénero masculino. Evidenciando que estase a perpetuar o "Efecto Matilda"

Epidemioloxía   Matemáticas

Comunicadora

Científica

Enxeñeira

Biomédica 

 

Investigadora

Clínica 

 

Investigadora

Farmacéutica 

 

Enseñeira

Informática

 

Enseñeira 

Robótica 

 

Enseñeira

de Texidos

Enseñeira

Textil 

 

Air Lucus

Renderizado de imaxes de Google Earth do IES Lucus Augusti.

O dilema das redes sociais

Interesante documental, presentado como unha fusión entre as declaracións de expertos estreitamente vinculados ás redes sociais e unha dramatización, ao estilo de "Insight out", cargada de símbolos subliminares, que o fai máis accesible ao público adolescente.

A preocupación pola distopía tecnolóxica, visibilizada a través de escritores como Harari ("Homo Sapiens" e "Homo Deus") ou Peirano ("El enemigo conoce el sistema"), é levada á pantalla por Jeff Orlowski nun formato impactante. Descubrir que os gurús da era dixital comezan a reclamar ética ... é inquedante. Isa ansia de filosofía, en boca dos artífices da inminente debacle da humanidade, resulta tan esperanzadora como sospeitosa.

 

Por qué tan poucas?

porqué tan poucasO proxecto “Por qué tan pocas?visibiliza o papel das mulleres españolas no campo da tecnoloxía e a ciencia a través de materiais audiovisuais orientados a crear novos referentes femininos neste ámbito para @s nen@s e adolescentes. O proxecto consta dunha longametraxe documental, “@porquetanpocas” da cineasta Carlota Coroado que se estrea o 19 de xuño en Madrid, na que se visibiliza a mulleres que se dedican á ciencia e a tecnoloxía na actualidade, dende as máis veteranas que abriron camiño ata as máis novas. Paralelamente elaboráronse 20 pílulas audiovisuais con historias individuais de cada unha das científicas e tecnólogas que desenvolven actividades relevantes nas súas áreas, co fin de que as nenas, adolescentes e mozas accedan a modelos adecuados para a súa aprendizaxe en igualdade e para construír unha nova cultura científica na que as mulleres acaden maior protagonismo.

O grupo musical de mulleres “Magara” (Meigas) inspirouse no proxecto e compuxo un tema a ritmo de salsa “para bailar a ciencia”, a súa intención é axudar a crear referentes femininos neste ámbito e amosar o orgullo cara as incribles mulleres científicas e tecnólogas que hai neste país e que merecen o seu momento de fama.

 

XIX Olimpiada matemática Galega

Aman SantanaAman Santana Da Silva alumno de 2º ESO do IES Lucus Augusti participou na XIX Olimpiada matemática galega. 500 alumnos e alumnas de 100 centros educativos de toda Galicia participaron no certame organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) dirixido a estimular a reflexión e a creatividade na resolución de problemas matemáticos. 

Nota de prensa 

+ Fotos

 

 

 

 

 

Timeline

Timeline A liña de tempo do STEMbach é unha ferramenta que permete dispor dunha visión cronolóxica das actividades desenvolvidas ao longo do proxecto.

 

 

 

 

Proxecto STEMbach 2018/20

Distribuir contido