Skip to Content

V Premio de Ensaio que convoca o Departamento de Filosofía

 xoves 2 de maio de 2024 fallouse o V Premio de Ensaio que convoca o Departamento de Filosofía. O tema desta convocatoria era ESTAMOS MELLOR INFORMADOS NA ERA DIXITAL?, e os premiados foron os seguintes:
Modalidade ARTIGO:
       1º premio foi para Telma Vázquez López (1º Bach A)
       2º premio, para Juan Víctor Vivaldo Rodrígues (1º Bach F)
        3º premio, para Lucía Campo Castro (2º Bach A)
         Mencións para Lucía Vázquez Castro (1º Bach B) e Nora Xiana Bünz Veiga (1º Bach E)
Modalidade VIÑETA:
         1º premio, para Ángel Alonso López (1º Bach F)
Grazas a todas e todos os que participáchedes ou colaboráchedes, e en especial parabéns para os premiados/as.

II Concurso de interpretación Xosé Castiñeira

II Concurso de interpretación Xose Castiñeira organizado polo Conservatorio Xoán Montes de Lugo ten como gañador ó alumno do IES lucus Augusti , Iago López Núñez (frauta) e como segundo premio o tamén alumno do centro, Álex Barcala Castro (piano).

 

 

Dous alumnos do IES LUCUS AUGUSTI resultan gañadores do proxecto de divulgación científica Incrúst@te

 

Incrúst@te é un proxecto de divulgación científica realizado pola CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía) dende o ano 2017 en colaboración coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT)-Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

 

Este 2024 seleccionáronse a 17 alumnos/as dos cales, 4 foron alumnas/os de ciclos de FP de químicado IES LUCUS AUGUSTI: Yolanda Rey Ares, Óscar Presno Iglesias, Noelia Armesto Mera e Sofía Díaz Otero. Estas/os alumnas/os estiveron “incrustadas/os” nos laboratorios do CICA aprendendo cos investigadores/as da UDC a profesión de científico/a. Como resultado, e grazas á colaboración da profesora Marta Rodríguez Quiroga, os alumnos presentaron as experiencias vividas nun Congreso Científico celebrado o pasado 27 de abril no Museo DOMUS da Coruña. Ademais de poder vivir a experiencia, Yolanda Rey Ares e Óscar Presno foron seleccionados polo tribunal para desfrutar dunha nova estancia de dúas semanas no CICA.

Imaxes

 

 

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

 

Solicitudes de admisión para o curso 2024/25

Dende a dirección do IES Lucus Augusti, informamos ás familias do alumnado que presentaron solicitude de admisión para o curso 2024/25, en calquera nivel educativo ESO e BAC, que foron admitidos e teñen que proceder a formalizar matrícula nos prazos marcados.

 

 

Admisión nas probas de acceso a Ciclos Medios

Dende o Departamento de Orientación informamos de que todos os alumnos e alumnas que solicitaron a súa admisión nas probas de acceso a Ciclos Medios neste Centro foron admitidos, e que estes foron informados expresamente por este departamento no día de hoxe, achegando ademais o seu código persoal de consulta para realizar o seguimento das súas solicitudes, así como o calendario coas datas de interese.

Listaxe provisoria
Calendario

Distribuir contido


by Dr. Radut