Skip to Content

exposición

Exposicións nas vitrinas do Lucus:

Neste espazo podes ver as distintas exposicións que se fan nas vitrinas do IES Lucus Augusti ó longo do curso, poden ser do propio centro ou de entidades alleas ó mesmo.


 

Exposición: Educación en Femenino: Un paseo pola Historia

Exposición: Educación en Femenino: Un paseo pola Historia

Préstamo da Facultade de Formación do Profesorado (Campus de Lugo, USC)

Álbum: Nasvitrinas -> Educación en Femenino

Exposición da biblioteca feminista

Esta semana, con motivo do 8M, expoñemos nasvitrinas do Lucus unha mostra da nosa biblioteca feminista.

Álbum: Nasvitrinas -> Bibloteca feminista

CONSTRUÍNDO MOLÉCULAS EN 3D

 O alumnado do Club de ciencia do IES Lucus Augusti construíu moléculas de diferentes substancias orgánicas, previamente elixidas de acordo cos seus intereses. Os aminoácidos L-fenilalanina e L-arginina, a cafeína e a glucosa, o ácido acético, o trinitrotolueno e os alcohois etoxietanol e etilenglicol foron algunhas das seleccionadas.

 Ao remate da actividade fíxose unha exposición nas vitrinas da entrada do centro.

 A actividade desenvolveuse ao longo de varias sesións:

   1ª) Busca de información, elección da substancia e análise e debuxo da molécula a construír.

 Pintado das bolas de porexpan necesarias para cada molécula de acordo co código de cores indicado (vermello o átomo de osíxeno, azul o de nitróxeno e deixouse en branco o hidróxeno); preparación das variñas de madeira para os enlaces.

   2ª) Construción das moléculas e inicio da elaboración dos documentos coa información das diferentes substancias representadas.

     3ª) Creación dos códigos QR vencellados á información de cada substancia, así como da cartela identificativa da mesma, e montaxe da exposición.

Álbum: Sen categoría -> Nasvitrinas

Máscaras de entroido

Esta semana nas vitrinas do Lucus e na entrada do centro están colocadas máscaras de entroido, propiedade de Xosé Manuel Seixas. A exposición inclúe tamén unha mostra de libros sobre este tema.

Álbum: Sen categoría -> Exposicion mascaras

Exposición 180 anos

Durante o mes de decembro de 2022 estivo exposta nas vitrinas do Lucus unha pequena representación do material didáctico histórico que garda o IES Lucus Augusti nos seus museos. Publicacións, material de laboratorio, meteorito dos anos 50 e ata unha máquina de raios X portátil.

Álbum: Actividades 22/23 -> Exposición 180 anos
Distribuir contido


by Dr. Radut