O alumnado con materias pendentes, da ESO, teñen un apartado na Aula Virtual de E-DIXGAL onde teñen a información pertinente. O procedemento establecido ofrece 3 posibilidades a escoller:
A realización dunha serie de actividades a realizar a man ou por ordenador (que suporán o 30% da nota) xunto coa a realización de 2 exames parciais (22 de xaneiro e 22 de abril), que se cualificarán polo 70% restante.
A realización, exclusivamente, deses 2 exames (que farán media entre eles).
A realización dunha única proba final, en data a establecer.
Para calquera dúbida ou consulta, débese contactar co xefe do Departamento, X. Anxo Rodríguez Carballal.