Skip to Content

Novas

Matrícula no IES Lucus Augusti para o curso 2024/25

A matrícula no curso 2024/25 para o alumnado do IES Lucus Augusti e para o que está admitido neste centro, vai ser do 23 de xuño ó 8 de xullo e faise cubrindo o formulario por curso na ligazón que aparece nesta nova. Aquel alumnado que sexa admitido no IES Lucus Augusti despois do 8 de xullo terá un novo prazo que será publicado nesta páxina.

Formularios

Prematrícula para o curso 2024-2025 no IES Lucus Augusti

O alumnado de ESO e BAC do IES Lucus Augusti que estivo matriculado no presente curso 2023/24 no centro ten que facer a prematrícula para o próximo curso 2024/25 cubrindo o correspondente formulario. O prazo para realizar a prematrícula é do 22 de maio ó 5 de xuño. 

Formularios

Solicitudes de admisión para o curso 2024/25

Dende a dirección do IES Lucus Augusti, informamos ás familias do alumnado que presentaron solicitude de admisión para o curso 2024/25, en calquera nivel educativo ESO e BAC, que foron admitidos e teñen que proceder a formalizar matrícula nos prazos marcados.

 

 

Admisión nas probas de acceso a Ciclos Medios

Dende o Departamento de Orientación informamos de que todos os alumnos e alumnas que solicitaron a súa admisión nas probas de acceso a Ciclos Medios neste Centro foron admitidos, e que estes foron informados expresamente por este departamento no día de hoxe, achegando ademais o seu código persoal de consulta para realizar o seguimento das súas solicitudes, así como o calendario coas datas de interese.

Listaxe provisoria
Calendario

II Olimpíadas Teleco

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) da UVIGO vos anima a participar nas II Olimpíadas Teleco, as segundas que se celebran no ámbito nacional. Trátase dunha iniciativa colaborativa de todas as escolas de enxeñaría de telecomunicación de España e máis dos dous colexios profesionais: Colexio de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación, COITT, e a Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación, AEGITT, que pretende visibilizar a potencialidade dos estudios de enxeñaría de Telecomunicación entre o estudantado máis novo, para espertar vocacións temperás.

Como o curso pasado, a competición vaise desenvolver en dúas fases: unha local, xestionada e coordinada pola EET da UVIGO, e outra nacional, na que competirán os mellores proxectos (gañadores) das competicións locais.

A EET está moi orgullosa do éxito que tivo a edición do curso pasado e animámosvos a participar, especialmente ás e aos docentes do ámbito de tecnoloxías. Non estaredes sós, axudarémosvos desde o noso centro na formación, facilitarémosvos os equipos necesarios (kit de placas) e asesoría individualizada durante a realización dos proxectos.

A continuación recollemos a información máis relevante, que podedes consultar ampliada na nosa web (www.teleco.uvigo.es ou ben escaneando o QR que tedes neste documento) na que tamén podedes consultar o ben que foi a primeira edición. Podedes expor as vosas dúbidas ou consultas no correo que creamos expresamente para esta iniciativa: teleco.olimpiadas@uvigo.es.

Bases do sorteo dunha cesta de nadal

A promoción desenvolverase dende o 06 de novembro de 2023, data coincidente co inicio da venda das papeletas, ao 26 de decembro de 2023, data do sorteo da Once que fixará o número da papeleta premiada.

A participación no presente sorteo promocional está aberta a todo usuario que cumpra cas presentes Bases e especificamente as Condicións de participación citadas na base 4. O centro educativo resérvase o dereito a evitar que sobre este sorteo promocional se establezan sistemas de especulación ou de negocios. A tal fin, o IES Lucus Augusti poderá dar de baixa a aqueles que estean facendo un mal uso da promoción, realicen actos fraudulentos ou que prexudiquen a outros participantes.

Bases

Distribuir contido


by Dr. Radut