Skip to Content

matrícula

Matrícula no IES Lucus Augusti para o curso 2023/24

A matrícula no curso 2023/24 para o alumnado do IES Lucus Augusti e para o que está admitido neste centro, vai ser do 23 de xuño ó 7 de xullo e faise cubrindo o formulario por curso na ligazón que aparece nesta nova. Aquel alumnado que sexa admitido no IES Lucus Augusti despois do 7 de xullo terá un novo prazo que será publicado nesta páxina.

Formularios

Matrícula no IES Lucus Augusti para o curso 2022/23

Todo o alumnado que se queira matricular nalgún curso da ESO ou BAC no IES Lucus Augusti, ten que cubrir dous formularios: formulario de datos e formulario de materias. O prazo de matrícula é do 25 de xuño ó 10 de xullo. A matrícula é só por internet cubrindo os formularios nas ligazóns. O alumnado que non teña acceso a internet pode facela no centro pedindo cita previa na ligazón ou por teléfono.

 

Formulario de datos

Formulario de materias

Cita previa

Prematrícula para o curso 2022/23

Todo o alumnado que está matrículado actualmente no IES Lucus Augusti ten que facer a prematrícula para o curso 2022/23 cubrindo o formulario correspondente na ligazón que se achega.

O prazo para formalizar a prematrícula é do 13 ó 27 de maio.

Formularios

Prazo de matrícula no IES Lucus Augusti para o curso 2020/21

Tanto o alumnado que solicitou praza por primeira vez no centro como o alumnado do IES Lucus Augusti ten que formalizar a matrícula* do 1 ó 10 de xullo de 2020. A matrícula pódese facer a través da páxina do centro, cubrindo o formulario de matrícula na ligazón, ou de xeito presencial no propio centro, para o que pode recoller previamente a documentación en conserxería ou descargala da ligazón Documentación.

*Tendo en conta a situación sanitaria e para evitar aglomeracións, se vas facer a matrícula presencial, aconséllanse as seguintes datas por cursos:

1ºESO: do 1 ó 2 de xullo

2º, 3º e 4º ESO: do 3 ó 6 de xullo

1º e 2º BAC: do 7 ó 10 de xullo

Documentación

Formulario de matrícula online

Formulario2 (só para o alumnado que se matricula por primeira vez e de xeito telemático)

Distribuir contido


by Dr. Radut