Skip to Content

175 ANIVERSARIO

 

 

 

Anagrama do 175 ANIVERSARIO

creado polo profesor D. Luis Guerreiro 

 

 

 

   
     
  

   
    

     
 Pulse aquí para ler a historia do Instituto      
       

   
    

 
 

LUCUS AUGUSTI NO TEMPO

Guión: Manel Matalobos

Debuxos: Anxo Grande

 

Pulse  aquí para ler o TBO

 

 

       

   
    

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cadro creado e doado por Benxamín Santín con motivo do 175 aniversario 

 
     

   
    

     
 Pulse aquí para ver o programa      
  

   
    

 
 

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

O Instituto convocou un concurso de marcapáxinas adicado ao 175 aniversario. Houbo unha gran participación que llo puxo realmente difícil ao xurado encargado de falla-lo premio. 

Resultou gañador YAGO RIVAS PANADERO cun resumo da historia das sedes onde estivo en funcionamento o centro ata a actual na Avda. Rodríguez Mourelo facendo fincapé nas datas nas que funcionou en cada edificio. O reverso está adicado a tódolos anos transcorridos desde a súa fundación ata o ano actual. Noraboa a Yago que en breve recibirá o seu premio consistente nunha tablet e diploma.

Proba da gran participación foi a cantidade de finalistas que houbo na mesma. Todos levarán un diploma de lembranza da súa participación.

Na película da esquerda podemos contemplar tódolos traballos finalistas como, por suposto, o gañador.  

 
       
CONCURSO FOTOGRÁFICO    
       
CONCURSO LITERARIO    
       

   
    
 

     

 

 

     
       

   
    

 
  30 de NOVEMBRO de 2017 - 175 ANIVERSARIO DO IES LUCUS AUGUSTI

O día 30 de novembro de 2017 o Instituto Lucus Augusti de Lugo celebrou o seu 175 aniversario logo de ter sido fundado en 1842. A súa primeira sede foi o Seminario Conciliar de Lugo, hoxe edificio que alberga o Colexio dos Franciscanos. Foi pasando por distintas sedes como o Colexio Compañía de Monforte, a Casa do Concello de Lugo, o edificio da Deputación Provincial, ata que definitivamente, no ano 1951, ocupou o actual edificio da Avda. Rodríguez Mourelo. 

Ao longo da xornada foronse sucedendo diversas actividades para celebra-la efemérides. O colofón púxoo unha charla-coloquio coa presenza de diversas autoridades da política e da cultura.

- Para ver as fotos da perfomance "175 Anos Tendendo Cultura" pulse aquí

- Para ver as fotos da piñata pulse aquí

- Para ver as fotos sacadas pola mañá no photocall pulse aquí

- Para ver as fotos sacadas pola mañá coa figura do catedrático pulse aquí

- Para ver as fotos sacadas pola tarde no photocall pulse aquí

- Para ver as fotos sacadas pola tarde coa figura do catedrático pulse aquí

 - Para ver as fotos da charla-coloquio pulse aquí

 
   

   
    

 

 

AQUELES GRANDES PROFESORES

 Inaugúranse os actos referentes ao 175 aniversario da creación do IES Lucus Augusti cunha exposición adicada a aqueles grandes profesores que pasaron polo centro e deixaron a súa impronta no mesmo.

Recóllese documentación referida a todos eles coa nosa máis entrañable lembranza do seu paso polas aulas.

 
     

   
     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MATERIAL ESCOLAR QUE XA É HISTORIA

Continuando cos actos do 175 aniversario, pódese contemplar no vestíbulo do centro unha exposición de material escolar empregado en escolas e institutos por xeracións pasadas. 

A través desta exposición podemos facernos unha idea de como estudaban os nosos antepasados e os métodos que empregaban os profesores de entón.

 

Para ver fotos da exposición pulse aquí

 
     

   
     

UN INSTITUTO CON HISTORIA

Nesta semana, cando se cumpre o 175 aniversario da fundación do IES Lucus Augusti, pódese contemplar no recibidor do centro  unha exposición sobre a historia do instituto. Obxectos tales como o bastón de Portabales, o libro de rexistro de alumnos da época na que o centro estivo en Monforte, a campá que o bedel Mariñas golpeaba cun desaparafusador para indica-la hora de saída e moitos obxectos e documentos máis.

Pulse aquí para ver imaxes da exposición

 

 

     

   
     
 

 

 

 

 

 

 

 

A REPÚBLICA ESPAÑOLA E O FRANQUISMO

Con motivo da retirada dos escudos franquistas da fachada e do recibidor do IES Lucus Augusti, pódese contemplar no vestíbulo do centro unha exposición de diverso material histórico tanto da II República Española como da época franquista.

Á vista do público está material tan diverso como libros, revistas, placas de mármore, billetes da época, cartillas de racionamento... Todo cun fin didáctico para que as novas xeneracións poidan coñecer estas etapas da historia. 

 
     

   
     

AQUELES ALUMNOS

 

Pódese contemplar no vestíbulo do centro unha exposición adicada a aqueles alumnos que destacaron na vida dentro das súas disciplinas: políticos, escritores, físicos... Por suposto, por razóns de espazo non están todos aqueles cuxo nome ten resonancia na xente, pero si unha boa selección.

 

Pulse aquí para ver fotos

 
     

   
     

OS MECENAS DO INSTITUTO

 

O IES Lucus Augusti inaugurou esta semana unha exposición onde se pode contemplar unha mostra representativa das doazóns realizadas por diferentes persoas vencelladas ao centro, ben como alumnos ou como profesores, desde a creación do mesmo en 1842.

O historiador A. Prado sinala o profesor Ramón Llorente como doador da primeira colección mineralóxica do Instituto, a mediados do s. XIX.

Outras importantes achegas no campo da Ciencias Naturais foron a colección de cunchas da profesora Isaura Cepeda (finais dos 70 do s. XX) e as galeradas, ou probas de impresión da tradución ao galego realizada polo antigo profesor Emilio Valadé del Río da obra de Charles Darwin A orixe das especies, a principios do presente século.

Importantes doazóns de profesores e alumnos virían incrementar os fondos bibliográficos do centro:  Valentín Portabales (1918), Eugenio García Lomas (1935), Froilán López (1964), Glicerio Albarrán (doazón da súa viúva, Soledad Torres, 1965), Bieito Fernández (doazón da súa filla Teresa, 2002) e algunha outra de menor entidade.

    A finais de 2003 creouse una colección de arte a partir das achegas altruístas de antigos alumnos e profesores. Máis dun centenar de pinturas, esculturas e fotografías artísticas conforman esta valiosa colección que alberga obras de autores como Castro Gil, GuerreiroSaturno LoisLópez GuntínMacíaAntonio Murado ou Paco Pestana.

 
     

   
     

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

"RETALLOS"

 

Pulse aquí para ver fotos

 Durante estes días pódese visitar no recibidor unha exposición, englobada nos actos do 175 aniversario do Instituto, composta por fotografías que van conformando parte da historia antiga e máis recente do centro.

 
     

   
    

 
 

BOOKCROSSING

O IES Lucus Augusti, dentro dos actos do 175 Aniversario, liberou por distintos

lugares da cidade (parques, muralla, rúas...) parte dos libros que formaron parte

da perfomance que se puido contemplar o día 30 de novembro, xornada central

dos actos da efeméride, na fachada do edificio do centro.

Pulse aquí para ver fotos 

 

 
   

   
    
 

     
 ARTIGOS DE ANTONIO PRADO
1. Un amanecer educativo: el nacimiento del Instituto Provincial 
2. Primer programa educativo de nivel medio 
3. El Progresismo Liberal, motor de intitutos 
4. La Diputación solicitó la creación del Instituto el 26 de marzo de 1842 
5. Un centro de formación de líderes 
6. Mujeres que dejaron huella 
7. Tres docentes destacados en el período inicial del centro (1842-1862) 
8. Los catedráticos neocatólicos de la Restauración (1862-1902) 
9. Tiempo de renovación educativa 
10. Los activos docentes de la II República 
11. Un edificio frustrado para instituto 
12. El patrimonio del Instituto Provincial 
 
OUTRAS APARICIÓNS NA PRENSA 
1. Exalumnos curso 1969-70 
2. Solicitude de Medalla de Ouro de Galicia  
3. El Instituto de Lugo cumple 175 años de vida 
4. Aniversario de Lucus Augusti 
5. Tendal cultural e mesa redonda no IES Lucus Augusti 
6. Actos del día 30 de noviembre 
7. 175 años educando una ciudad 
8. Expedientes brillantes 
9. O Lucus Augusti repasa os seus 175 anos de vida 
10. Promoción 50-56 do Masculino 
11. El IES Lucus Augusti expone sus donaciones
12. Cuando Uxío Novoneira sacó un 5
13. Exalumnos ilustres 
14. Un regalo para generaciones 
15. Promoción del año 1959 del Instituto Masculino 
16. PROTAGONISTAS: Fernández Naveiro 
17. El Lucus Augusti entra en la Orden de Alfonso X el Sabio por su trayectoria 
18. Galardón
19. Nunca en la vida pensamos que iba a salir tan bien 
20. Vázquez presentó su libro sobre la adopción 
21. Milagrosistas 2018 
22. O IES Lucus Augusti edita un novo número da revista 
23. Historia de un instituto 
24. El Lucus Augusti abre su nuevo museo, archivo y biblioteca histórica 
25. Un tesoro pedagógico a salvo y a la vista 
26. El Lucus Augusti estrena archivo y renueva su condición de museo pedagógico de Lugo 
27 El Lucus Augusti preserva en su museo la evolución de la educación en Lugo
       

   
    

     
- Anacos de lembranzas  
- Ángel González Fernández  
- Antía López Gándara  
- Claudio Castro Lage  
- Eva Xanim  
- Ignacio Rodríguez Eguíbar  
- Iria González Ventosinos  
- Luis Miguel Fernández  
- Manuel Celso Matalobos  
- Olga Díaz López  
- Toño Núñez  
- Xosé Otero Canto  
- Xulio Xiz   
   

   
    

     
- Concesión do ingreso na Orden de Alfonso X o Sabio      
- Medalla de Galicia      
- Solicitude dunha rúa      
       

   
    

     
 Pulse aquí para ver fotos      
       


page | by Dr. Radut