Skip to Content

Actividades escolares

Encontro con Lois Pérez

O día 1 de xuño, o alumnado de 1º da ESO desfrutou dun encontro con Lois Pérez, autor do libro proposto polo departamento de Lingua Galega na terceira avaliación para este nivel. A gruta da torre é unha novela de aventuras e á vez un exercicio que o escritor fai para traer ao presente os tempos felices da súa infancia. O éxito da escolla quedou demostrado neste acto que constituíu un diálogo vibrante e divertido entre creador e lectores, no que mesmo houbo quen achegou ideas para unha segunda parte, que agardamos con ansia.

Grazas, Lois, por compartir con nós os teus “segredos” e o teu inxenio, e grazas tamén a Edicións Xerais de Galicia por facelo posible.

Álbum: Actividades 22/23 -> Lois Perez

Programa Ponte

 

O pasado 30 de marzo o alumnado de 1ºBAC visitou ás instalacións da USC en Lugo.

 

Álbum: Actividades 22/23 -> Programa Ponte

Viaxe a Madrid

Viaxe a Madrid

O departamento de Relixión realizou unha viaxe a Madrid co alumnado de 3ºEso durante os días 14 e 15 de abril 2023.

Álbum: Actividades 22/23 -> Viaxe_Madrid

Viaxe de Xeografia e Historia a Toledo

O departamento de Xeografía e historia realizou co alumnado de 2ºEso unha viaxe a Toledo durante o 13 e 14 abril 2023. Entre as actividades previstas estaba tamén programada unha visita ao museo Puy du Fou.

Álbum: Actividades 22/23 -> Viaxe_xeografia

Viaxe a Italia

 

Viaxe de estudos de Italia.

O alumnado de 1ºBac do IES Lucus Augusti realizou a viaxe de estudos por Italia na semana do 24 ao 31 de marzo 2023. Durante esta viaxe visitaron cidades coma Roma, Siena , Florencia, Pisa, Lido di Jesolo e Venecia.

 

Álbum: Actividades 22/23 -> viaxe_italia_23

Manifesto 8M

O día 8M no recreo o alumnado e o profesorado do Lucus reunímonos na entrada do centro para asistir á lectura dun manifesto. A sú elaboración e lectura correu a cargo da alumna de 1º Bac Uxía Mesías López. A continuación, alumnas de 3ª e 4º  ESO, 1º e 2ª Bac expresaron os seus desexos sobre aqueles aspectos que aínda quedan por conseguir na igualdade entre homes e mulleres.

Álbum: Actividades 22/23 -> 8M
Distribuir contido


by Dr. Radut