Skip to Content

Actividades escolares

Viaxe a Italia

 

Viaxe de estudos de Italia.

O alumnado de 1ºBac do IES Lucus Augusti realizou a viaxe de estudos por Italia na semana do 24 ao 31 de marzo 2023. Durante esta viaxe visitaron cidades coma Roma, Siena , Florencia, Pisa, Lido di Jesolo e Venecia.

 

Álbum: Actividades 22/23 -> viaxe_italia_23

Manifesto 8M

O día 8M no recreo o alumnado e o profesorado do Lucus reunímonos na entrada do centro para asistir á lectura dun manifesto. A sú elaboración e lectura correu a cargo da alumna de 1º Bac Uxía Mesías López. A continuación, alumnas de 3ª e 4º  ESO, 1º e 2ª Bac expresaron os seus desexos sobre aqueles aspectos que aínda quedan por conseguir na igualdade entre homes e mulleres.

Álbum: Actividades 22/23 -> 8M

Visita do xograr Crispín D´Olot

Visitounos o famoso xograr Crispín D´Olot que fixo un divertido repaso literario dende a Idade Media ata a actualidade para todos os niveis educativos no Noso Centro. Actividade organizada polo departamento de Lengua y Literatura Castellana.

Álbum: Actividades 22/23 -> visita do xograr

 Programa de actividades escolares para o curso 2022/23 aprobadas polo consello escolar.

Programa de actividades escolares que se realizaran segundo o protocolo Covid-19

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC inicia no uso e manexo de drons a estudantes de STEMbach do IES Lucus Agusti da capital luguesa a través dunha iniciativa de colaboración que permitiu aos estudantes preuniversitarios pilotar o dron Mavic mini, ademais de tomar fotografías do mesmo para a posterior elaboración dun modelo tridimensional.

Os estudantes de STEMbach no Ies Lucus Agusti Carmen Pérez Varela, Anxo Losada Fernández e Melody Vila Pérez, baixo a titoría do profesor Ibai Quinteiro Recondo, aproveitaron a súa estadía completada en vésperas de Nadal na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC para facer voar o dron cos seus propios teléfonos móbiles, logo de adaptalos para proceder ao control de voos. Esta actividade práctica tamén permitiu aos futuros universitarios ensaiar as manobras co equipo no interior da nave de prácticas a EPSE.

Ler máis

Distribuir contido


by Dr. Radut