O pasado 22 de marzo alumnado da Psicoloxía, Ética e Filosofía do Dereito e STEMbach asistíu á charla do Médico Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e experto en Bioética Jonatan Carrera, sobre ORIXE E CONCEPTOS PRINCIPAIS DE BIOÉTICA.
A charla suscitou un gran interés entre o alumnado, que planteou cuestións moi concretas (o tratamento médico das depresións, a enfermidade, o final da vida...), despois de ter interpelado o alumnado como símbolo de toda a sociedade sobre o necesario de discutir os criterios cos que deben traballar os científicos. O respeto da autonomía individual, a beneficencia ou a xustiza son principios que aporta a bioética precisamente en resposta a casos diversos de experimentación científica como os que foron expostos, casos que hoxe consideramos aberrantes pero que non deixan de mostrar os perigos dunha ciencia sin conciencia social.