Skip to Content

Presentación do libro: A vida desmedida de Basilio Álvarez

O próximo xoves 8 de xuño, ás 19:00h, no salón de actos do IES Lucus Augusti será a presentación do libro: A vida desmedida de Basilio Álvarez, participan no acto, organizado polo departamento de Xeografía e Historia do IES Lucus Augusti, o autor D.Miguel Cabo Villaverde e D.Henrique Hervés.

Cartaz

Información para as familias con alumnado na ESO e que queira pedir axudas para material escolar

 No D.O.G. do 19 de maio de 2023 publicouse a Orde do 10 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convoncan axudas para adquirir material para o curso 2023 /24.

Como aspectos máis destacables desta orde pódense sinalar:

E-DIXGAL: O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto de educación dixital será excluido da participación no Fondo solidario de libros. No LUCUS AUGUSTI haberá EDIXIGAL en toda a ESO polo que o alumnado non terá a axuda de Fondo libros.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Pode solicitar ditas axudas (importe 75€ ou 60€, segundo o caso):

 

a) O alumnado da ESO tutelado pola Xunta.

 

b) O alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

c) O alumnado pertencente a familias cunha renda per cápita que igual ou inferior a 10.000€.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO DESTINADAS AO ALUMNADO CON DISCAPACIDADE IGUAL OU SUPERIOR AO 65% E ALUMNADO NEAE. No caso de que, a xuízo do centro docente, o alumnado con necesidades específicas de apoio non poida utilizar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado.

 

PRAZO DE SOLICITUDES: 19 de maio ao 21 de xuño de 2023.

 

Prematrícula para o curso 2023-2024 no IES Lucus Augusti

O alumnado de ESO e BAC do IES Lucus Augusti que estivo matriculado no presente curso 2022/23 no centro ten que facer a prematrícula para o próximo curso 2023/24 cubrindo o correspondente formulario. O prazo para realizar a prematrícula é do 17 ó 31 de maio. 

Formularios

Premio na final do concurso Xosé Castiñeira

Despois de celebrarse a final do concurso de interpretación Xosé Castiñeira, o alumno do IES Lucus Augusti Álex Barcala Castro acadou o 2º premio na modalidade de piano.

XXXIV Olimpíada Española de Física

O alumno do IES Lucus Augusti, Aman Santana Da Silva, acadou unha mención na XXXIV Olimpíada Española de Física que se celebrou este sábado 29 de abril en Lugo. O evento contou coa participación dun centenar de estudantes de 2º de BAC de toda España.

Ler máis

IV PREMIO DE ENSAIO FILOSÓFICO

En sesión celebrada no IES LUCUS AUGUSTI o 25/04/2023 reunido o xurado do IV Premio de Ensaio Filosófico composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía e Educación Plástica, e a escritora e redactora da revista colaboradora “Hechos Mínimos”; despois de avaliar os traballos presentados, o xurado decide fallar os seguintes PREMIOS:

 MODALIDADE ENSAIO:

PRIMEIRO PREMIO para PABLO PEDREIRA LÓPEZ, de 1º BACH C.

SEGUNDO PREMIO para CLOE CANTO SYLLÁ, de 2º BACH E.

TERCEIRO PREMIO para PAULA PIÑEIRO LAGE, de 2º BACH E.

MODALIDADE VIÑETA:

PRIMEIRO PREMIO para MARTA RIVERA LÓPEZ, de 2º BACH B (viñeta nº 1)

Ademais dos traballos premiados, menciónanse tamén nas consideracións finais os traballos presentados por ANTÓN RODRÍGUEZ VÁZQUEZ de 2º BACH E e IAGO RAMOS SALGADO de 1º BACH E.

O ENSAIO de PABLO PEDREIRA LÓPEZ destacado co Primeiro Premio contén unha reflexión madura e ben articulada sobre o tema proposto da “paz despois da guerra”, cun texto de ideas precisas e sensibilidade na expresión, con capacidade para suxerir e continuar pensando a partir del, mérito que consideramos especialmente destacable.

A VIÑETA premiada de MARTA RIVERA LÓPEZ reflicte en breves trazos as ambigüidades e paradoxos do tema, facendo que unha cuestión complexa poida ser transmitida con medios sutís, deixando abertas posibles lecturas da imaxe.

Non queremos deixar de destacar os ensaios premiados de CLOE CANTO SYLLÁ (un texto de gran riqueza no manexo de referencias culturais) e PAULA PIÑEIRO LAGE (con texto cheo de matices na expresión das ideas). E con elas, os textos de ANTÓN RODRÍGUEZ VÁZQUEZ e IAGO RAMOS SALGADO, con cualidades que os fan ser meritorios concursantes deste premio. Noraboa a todas elas e eles.

A entrega dos premios terá lugar o día 5 de maio de 2023, ás 11:15 na Sala de Xuntas do IES Lucus Augusti.

Fallo

Distribuir contido


by Dr. Radut