Skip to Content

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, curso 2021/22

As alumnas do IES Lucus Augusti Iria Castro Díaz e Julia Méndez Núñez acadaron os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correpondentes ao curso 2021/22, convocados pola ORDE do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico. 

Ligazón

Constitución da Xunta Electoral para as eleccións ó Consello Escolar

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 20/09), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- O Director ou directora do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos

 Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo 2 de novembro de 2022, ás 12:00 horas na sala de xuntas.

 Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro e se pode acceder dende a ligazón eleccións.

 

Eleccións

Vale da Xunta para a compra de material escolar, cheque adicional.

As familias beneficiarias do vale da Xunta para a compra de material escolar poden recoller o cheque adicional a partir do luns no seu centro educativo. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución que amplía as axudas para adquirir material escolar, sen facer ningún trámite adicional. 

 

Horarios de grupo

O alumnado do IES Lucus Augusti pode descargar o horario do seu grupo da táboa en formato pdf. As clases impártense nas quendas e horas que se indican:

ESO e BAC:

Luns e martes de 8:15h a 14:30h

Mércores, xoves e venres de 8:45h a 14:15h

 

BAC ESO CICLOS
CM CS MODULAR
A A A A 1º  1º  1º 
B B B B 2º  2º       
C D C C         
D E D D
E       E PDC   
F    

Calendario de presentacións para o curso 2022/23

As presentacións van ser os días 8 e 9 de setembro no salón de actos do centro. A reunión será por curso e nivel, na que todos os grupos van ir xuntos atendendo ó calendario da táboa seguinte:

8 Setembro  9 Setembro 
Curso Hora Curso Hora
1ºBAC 12:00h-13:00h 1ºESO 10:00h-11:00h
2ºBAC 13:00h-14:00h 2ºESO 11:00h-12:00h
CM(1º e 2º)  17:00h-18:00h 3ºESO 12:00h-13:00h

CS(1º e 2º) e Modular

 18:00h-19:00h 4ºESO 13:00h-14:00h

O 12 de setembro comezan as clases para todos os grupos en horario normal.

Información para o comezo do curso 2022/23 no IES Lucus Augusti

O curso 2022/23 comeza o 8 de setembro coas presentacións dos grupos segundo o calendario que se publique na páxina do centro. O día 6 de setembro vaise poñer na páxina do IES Lucus Augusti toda a información necesaria para dar comezo ó novo curso: calendario de presentacións e listaxe de grupos.

Distribuir contido


by Dr. Radut