Skip to Content

CONVOCATORIA BECAS MINISTERIO PARA O CURSO 22/23

Para o próximo curso 2022-2023 o ministerio adiantou o prazo para solicitar a bolsa da convocatoria xeral. Os interesados poden saber se reúnen os requisitos e ler a convocatoria entrando nas ligazóns que se achegan.

Prazo do 30 de marzo ó 12 de maio, precísase de sinatura electrónica.

Becas

www.educacionyfp.gob.es

Cartaz informativo

Documental: PEREGRINAS, MULLERES NO CAMIÑO DE SANTIAGO

O Departamento de Filosofía proxecta o vindeiro 1 de abril no salón de actos do IES Lucus Augusti o documental PEREGRINAS, MULLERES NO CAMIÑO DE SANTIAGO, presentado polo maxistrado e escritor José Antonio Vázquez Taín.

O documental amosa o Camiño de Santiago a través das experiencias de mulleres peregrinas en distintos momentos históricos. Ademais de desvelar curiosidades dos camiños Primitivo, Francés, Inglés e Portugués, a obra achega unha visión novidosa do Roteiro Xacobeo a partir das vidas das mulleres protagonistas.

Charla sobre HUMANIDADES DIXITAIS

O 17 de marzo o Departamento de Filosofía organizou para alumnado de Bacharelato unha charla sobre HUMANIDADES DIXITAIS, impartida pola xornalista e profesora da USC María Valcárcel.

Na charla puidemos comprobar que a cultura humanística e a cultura dixital non están tan afastadas como ás veces se presentan. No mundo de hoxe é necesario pensar nesa confluencia e na charla descubrimos algunhas das ferramentas para facelo.

Clausura do programa 21 Días en galego e +

A comunidade galego-falante mira este martes cara ó Lucus Augusti. O instituto acolleu a clausura do programa 21 Días en galego e +, un proxecto no que participan doce centros educativos e que busca estender o uso do galego máis alá das aulas. Durante o acto, un grupo de alumnos interpretou Terra, de Tanxugueiras.

A iniciativa tivo boa acollida en estudantes e profesorado, di Vázquez Somoza, que destaca que nestes vinteún días detectáronse cambios nos hábitos lingüísticos. Destaca que, seguramente pola súa condición de centro marcadamente urbano, o castelán é a lingua dominante no centro. "Unha cousa é a lingua das clases e outra a lingua de relación e nun centro urbano como este, o peso do galego era limitado", explica.

El progreso

21 días en Galego no Lucus

O 1 de febreiro comenzou no IES Lucus Augusti o programa 21 días en Galego no que participa. Este programa de dinamización lingüística nace para que a xente nova fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas. Alén diso, preténdese que a mocidade analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa propia de Galicia, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida.

Vídeo

RadioGalega

Mención de Honra na LVIII Olimpíada de Matemáticas

O alumno do IES Lucus Augusti de 1º Bacharelato, Aman Santana da Silva, acadou a Mención de Honra, única na provincia de Lugo, na fase autonómica da LVIII Olimpíada de Matemáticas, celebrada o 21 de xaneiro na Facultada de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Distribuir contido


by Dr. Radut