Skip to Content

Admisión alumnado ESO e Bacharelato para o curso 2021/22

Dende o 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22 para aquel alumnado de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles. Na seguinte ligazón pódense ver as vacantes ofertadas polo IES Lucus Augusti para o curso 2021/22

Ler máis

Presentación IES Lucus Augusti

Departamento de OrientaciónNo presente ano académico 2020/21, a situación derivada da pandemia pola COVID-19 impídenos realizar unha xornada presencial de portas abertas. Co fin de dar a coñecer ao alumnado de nova incorporación e máis ás súas familias as instalacións do IES Lucus Augusti e a actual oferta formativa, editamos un vídeo de presentación cun percorrido polo edificio, no que incluímos información académica de carácter xeral    

Ler máis

Premio extraordinario de educación secundaria

A alumna do IES Lucus Augusti, Antía Castro Díaz, acadou o premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondente ao curso 2019/20, concedido pola Orde do 4 de novembro da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Este galardón reflicte o traballo e esforzo realizado e ten máis mérito, se cabe, por ter sido acadado en plena crise sanitaria.

 

Distribución de máscaras entre o alumnado

 

No D.O.G. do 13 de novembro de 2020 publicouse a Orde do 6 de novembro que regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado de Ensinanzas obrigatorias.

 

 

BENEFICIARIOS:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020/2021. Non ten que presentar solicitude de máscaras.

O alumnado que non solicitou a axuda de material escolar pero que cumpría as condicións. Ten que presentar solicitude.

PRAZO DE SOLICITUDES: 16 a 27 de novembro 2020 nas oficinas do centro.

ENTREGA DE MÁSCARAS: durante o mes de decembro o alumnado beneficiario da axuda recibirá 4 máscaras hixiénicas reutilizables segundo a especificación UNE.

Hoxe, 1/12/2020, publicáronse no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de admitidos e excluídos para o reparto das máscaras.

Ligazón

 

Comunicado da dirección do IES Lucus Augusti

A dirección do IES Lucus Augusti quere informar á comunidade educativa da situación na que se atopa o centro pola pandemia. A día de hoxe, o número de afectados pola Covid-19 é de 6 positivos e 19 confinados entre o alumnado e 3 positivos e 3 confinados entre o profesorado, sen que haxa ningunha aula pechada. A decisión de confinamento corresponde ás autoridades sanitarias, polo que en caso de que un alumno sexa contacto dun positivo do centro, a familia debe esperar a que os servizos médicos comuniquen con ela. Dende esta dirección queremos transmitir tranquilidade e moito ánimo a toda a comunidade do Lucus.

Accesos ó centro segundo curso e quenda

Os accesos ó centro para os distintos grupos e quendas faranse segundo o indicado no esquema que se achega. En cada entrada hai uns dispensadores de hidroxel para utilizar cando se accede dende o exterior do edificio. Se o alumno se dirixe directamente á aula, non é preciso repetir a desinfección á entrada da mesma.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut