Skip to Content

Listaxes provisionais de fondo libros e material escolar

Hoxe publicáronse as listaxes provisionais das axudas para fondo libros e material escolar. Pódense consultar as listaxes de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios do centro ou na aplicación fondo libros no apartado CIDADÁNS.

Prazo de matrícula no IES Lucus Augusti para o curso 2020/21

Tanto o alumnado que solicitou praza por primeira vez no centro como o alumnado do IES Lucus Augusti ten que formalizar a matrícula* do 1 ó 10 de xullo de 2020. A matrícula pódese facer a través da páxina do centro, cubrindo o formulario de matrícula na ligazón, ou de xeito presencial no propio centro, para o que pode recoller previamente a documentación en conserxería ou descargala da ligazón Documentación.

*Tendo en conta a situación sanitaria e para evitar aglomeracións, se vas facer a matrícula presencial, aconséllanse as seguintes datas por cursos:

1ºESO: do 1 ó 2 de xullo

2º, 3º e 4º ESO: do 3 ó 6 de xullo

1º e 2º BAC: do 7 ó 10 de xullo

Documentación

Formulario de matrícula online

Formulario2 (só para o alumnado que se matricula por primeira vez e de xeito telemático)

INSTRUCIÓNS/PROTOCOLO PARA A DEVOLUCIÓN DE: LIBROS DE TEXTO, LIBROS DE BIBLIOTECA, EQUIPOS EDIXGAL E VACIADO DE TAQUILLAS

Debido ás circunstancias derivadas da Emerxencia Sanitaria, e co ánimo de garantir a seguridade da Comunidade Educativa do Lucus Augusti, os procedementos para a devolución dos materiais prestados ó alumnado durante o curso 2019/2020 seguirán os seguintes horarios e protocolos de actuación.

INSTRUCIÓNS

ADMISIÓN DE ALUMNADO NO IES LUCUS AUGUSTI

Publicouse no taboleiro do IES Lucus Augusti a listaxe definitiva co alumnado admitido para o curso 2020/21 neste centro. Todo o alumnado que fixo a solicitude en prazo foi admitido.

 

 

PREMATRÍCULA PARA O CURSO 2020/21

Todo o alumnado do IES Lucus Augusti, agás o de 1ºESO, debe facer a prematrícula nas materias que vai cursar no 2020/21. O formulario cubrirase nas seguintes ligazóns e o prazo para formalizalo é do 28 de maio ó 20 de xuño.

2ºESO    3ºESO   4ºESO   1ºBAC   2ºBAC

ABAU. Documentación que hai que presentar

Para o alumnado que queira matricularse na ABAU, achégase unha ligazón na que se poden consultar os documentos que hai que presentar no centro, xunto con ligazóns á información de interese.

 

Documentación

Ler máis

Distribuir contido


by Dr. Radut