Skip to Content

No D.O.G. do 12 de novembro de 2021 publicouse a Orde do 28 de outubro que regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado de Ensinanzas obrigatorias.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35621

  Como aspectos máis destacables desta orde pódense sinalar:    

  

BENEFICIARIOS:

  • O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022. Non ten que presentar solicitude de máscaras.
  • O alumnado que non solicitou a axuda de material escolar pero que cumpría as condicións. Ten que presentar solicitude. 

 

PRAZO DE SOLICITUDES: 15 a 26 de novembro 2021 nas oficinas do centro.

 

ENTREGA DE MÁSCARAS: durante o mes de decembro o alumnado beneficiario da axuda recibirá máscaras hixiénicas reutilizables segundo a especificación UNE.

 

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 29/09), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

- O Director ou directora do Centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos

 Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo 3 de novembro de 2021, ás 12:00 horas na sala de xuntas.

 Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro e se pode acceder dende a ligazón eleccións.

Eleccións

 

As listaxes provisionais de admitidos e excluídos nas Axudas de Material Escolar poden consultarse no taboleiro de anuncios do centro e tamén na aplicación Fondo Libros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/PaxinaInicio.action#
As persoas interesadas teñen para reclamar nos dous días seguintes á publicación desta listaxe.                                                          
No caso do alumnado que figura como pendente pode deberse a varias circunstancias:
  • Alumnado pendente de matricular porque ten materias para setembro.
  • Alumnado pendente de matricular porque aínda non está rematado o proceso de mecanización de matrículas (xa que o prazo de publicación das listaxes provisionais é anterior ao prazo de finalización de formación de matrícula).
  • Alumnado que ten libros pendentes de devolución correspondentes ao curso 2020-21.

 

O alumnado que durante o presente curso 2020-21, estivo matriculado no IES Lucus Augusti que participa na iniciativa E-Dixgal do proxecto Abalar, polo que dispón para o seu uso persoal dun ordenador portátil, co seu correspondente maletín, cargador e punteiro; no caso de cambiar de centro deberá entregar obrigatoriamente o equipo de acordo co seguinte:

    • Antes do 25 de xuño para o alumnado que supera todas as materias E-Dixgal na convocatoria de xuño.

    • Antes do 7 de setembro para o alumnado con materias E-Dixgal pendentes para a convocatoria de setembro e que por tanto precisa do equipo durante o verán.

 Instrucións

Debido ás circunstancias derivadas da situación sanitaria, e co ánimo de garantir a seguridade da Comunidade Educativa do Lucus Augusti, o procedemento para a devolución dos libros prestados ó alumnado durante o curso 2020/2021 seguirá o seguinte horario e protocolo.

Protocolo

O calendario para o alumnado de 2ºBAC que ten realizar as probas extraordinarias (xuño) está na ligazón que se achega. Cando coincidan dous exames ó mesmo tempo os afectados teñen que poñerse en contacto cos profesores das materias implicadas.

Calendario

Distribuir contido


by Dr. Radut