Skip to Content

O Dr. Manuel Bermejo Patiño impartirá unha conferencia sobre a táboa periódica nun acto que terá lugar o día 27 de novembro ás 17:00 horas no salón de actos do IES Lucus Augusti.Tamén se fará á presentación ó público da lámina da táboa periódica segundo Mendeléyev trala súa recente restauración.

 

 

 

 

 

Premio artigo filosófico

 

 

O Club de Letras Lucus a través do Departamento de Filosofía convoca o "I Premio de artigo filosófico" para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

Este concurso literario terá continuidade cunha convocatoria para o "I Premio de ilustración de artigo" que se realizará unha vez que o xurado faga público a obra gañadora do premio, en torno á última semana do mes de xaneiro.

O artigo gañador será publicado na revista cultural "Hechos Mínimos"

Descargar pdf coas bases premendo na imaxe ou nesta ligazón.

 

 

 

 

A Física de Partículas e a miña experiencia no CERN

 A Doutora en física Silvia Goy López do CIEMAT que traballa no detector de partículas CMS do CERN, vai dar unha charla no IES Lucus Augusti este mércores ás 17:00 horas para o alumnado do Stembach.

En cumprimento do Decreto 132/2013, do 1 de agosto, publícase a relación provisional do alumnado usuario do comedor no IES Lucus Augusti para o curso 2019/20.

Listaxe provisional.

1. Vales de material escolar

Os vales para a compra de material escolar xa están dispoñibles nas oficinas do centro. Deberán recollelos os pais/nais.

2. Libros de texto:

1º e 2º da ESO

Os libros recolleranse na conserxería do centro o martes 17 de setembro. O alumnado baixará á conserxería acompañado do seu titor/a e coa folla de préstamo que lle será entregada na presentación. Para unha entrega ordenada estableceranse as seguintes quendas:

1º ESO A: 11:00 h     2º ESO A: 12:00 h  
1º ESO B: 11:15 h     2º ESO B: 12:15 h  
1º ESO C: 11:30 h     2º ESO C: 12:30 h  
1º ESO D: 11:45 h     2º ESO D: 12:45 h  

 

 O alumnado que non poida recoller os libros na quenda prevista (causa xustificada) pode facelo os días 17 e 18 de setembro en horario de 16:00 a 22:00 h.

3º e 4º da ESO

Os libros repartiranse ó longo da semana directamente ó alumnado, que deberá devolver o documento de entrega asinado.

Coidado e devolución dos libros.

Os libros deberanse manterse en bo estado e o alumnado estará obrigado a devolvelos ó centro nas datas establecidas. Non se pode escribir nos libros (tampouco con lapis) e antes de devolvelos haberá que borrar o que teñan escrito.

Distribuir contido


by Dr. Radut