Skip to Content

Debido ás circunstancias derivadas da situación sanitaria, e co ánimo de garantir a seguridade da Comunidade Educativa do Lucus Augusti, o procedemento para a devolución dos libros prestados ó alumnado durante o curso 2020/2021 seguirá o seguinte horario e protocolo.

Protocolo

O calendario para o alumnado de 2ºBAC que ten realizar as probas extraordinarias (xuño) está na ligazón que se achega. Cando coincidan dous exames ó mesmo tempo os afectados teñen que poñerse en contacto cos profesores das materias implicadas.

Calendario

 

No DOG do 20 de maio de 2021 publicouse a Orde do 6 de maio que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e na que se convocan axudas para adquirir material para o curso 2021 /22. Nas seguintes ligazóns podes atopar máis información.

Información complementaria

Publicación

 

En sesión celebrada no IES LUCUS AUGUSTI o 30/04/2021 reúnese o xurado do II Premio de Ensaio Filosófico, composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía e Orientación, representación do alumnado e redactores da revista colaboradora “Hechos Mínimos”.

Resolución

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC inicia no uso e manexo de drons a estudantes de STEMbach do IES Lucus Agusti da capital luguesa a través dunha iniciativa de colaboración que permitiu aos estudantes preuniversitarios pilotar o dron Mavic mini, ademais de tomar fotografías do mesmo para a posterior elaboración dun modelo tridimensional.

Os estudantes de STEMbach no Ies Lucus Agusti Carmen Pérez Varela, Anxo Losada Fernández e Melody Vila Pérez, baixo a titoría do profesor Ibai Quinteiro Recondo, aproveitaron a súa estadía completada en vésperas de Nadal na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC para facer voar o dron cos seus propios teléfonos móbiles, logo de adaptalos para proceder ao control de voos. Esta actividade práctica tamén permitiu aos futuros universitarios ensaiar as manobras co equipo no interior da nave de prácticas a EPSE.

Ler máis

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa.

O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.

Distribuir contido


by Dr. Radut