Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión, que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 Instrucións

INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

A dirección do IES Lucus Augusti informa ás familias de que o profesorado irá poñendo a disposición do alumnado a información necesaria e o material que estimen oportuno nas distintas plataformas: aula virtual, páxina do centro, EVA ou calquera medio telemático que os docentes acorden co seu alumnado. No período de suspensión de clases non se van facer exames e o profesorado vai estar á disposición do alumnado. Aconsellamos mirar a páxina do centro para informarse de calquera novidade.

 

Información da Consellería de educación.

Presentación dos proxectos STEMbach 2018 / 20

Este mércores 29 de xaneiro tivo lugar a presentación dos proxectos da I Promoción do bacharelato STEMbach (2018/20) no IES Lucus Augusti. Os temas dos proxectos foron:

"Aumento do rendemento dun motor de gasolina"
Andrés Piñeiro

"Estudo de parentesto en rodaballo"
Cristina Castedo, Sabela García e Alejandro Díaz

"Estruturas de agregación de sistemas coloidais"
Sofía Bussieres, Martín Vázquez e Pedro Ferreiro

"Determinación de cobre en augas residuais"
Andrea Otero e Miguel Bande

"Microbiota"
Marta Dorrego, Candela Veloso e Raquel López Amado

Entrega de diplomas

Ler máis

Gañadores da fase autonómica da Olimpíada de Bioloxía

 

O alumno do IES Lucus Augusti, Isaac Pazos Pérez, xunto con Sofía Jamardo Paz, alumna do Rosalía de Castro, e Iván Orois Longarela, alumno do IES de Arzúa, foron os gañadores da fase autonómica da Olimpíada de Bioloxía e representarán a Galicia na final estatal que se celebrará en Bilbao.

Ler máis

 

 

 

 xoves 2 de maio de 2024 fallouse o V Premio de Ensaio que convoca o Departamento de Filosofía. O tema desta convocatoria era ESTAMOS MELLOR INFORMADOS NA ERA DIXITAL?, e os premiados foron os seguintes:
Modalidade ARTIGO:
       1º premio foi para Telma Vázquez López (1º Bach A)
       2º premio, para Juan Víctor Vivaldo Rodrígues (1º Bach F)
        3º premio, para Lucía Campo Castro (2º Bach A)
         Mencións para Lucía Vázquez Castro (1º Bach B) e Nora Xiana Bünz Veiga (1º Bach E)
Modalidade VIÑETA:
         1º premio, para Ángel Alonso López (1º Bach F)
Grazas a todas e todos os que participáchedes ou colaboráchedes, e en especial parabéns para os premiados/as.

Video titorial

Distribuir contido


by Dr. Radut