Skip to Content

concursos e premios

II Concurso de interpretación Xosé Castiñeira

II Concurso de interpretación Xose Castiñeira organizado polo Conservatorio Xoán Montes de Lugo ten como gañador ó alumno do IES lucus Augusti , Iago López Núñez (frauta) e como segundo premio o tamén alumno do centro, Álex Barcala Castro (piano).

 

 

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

 

Publicación das axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunicamos a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que hoxe día 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24) que se poden consultar na web da convocatoria http://www.edu.xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42968 

Convocatoria das becas MEC

 Publicouse a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (BAC, FP grao básico, medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e Universidades).

 (Enlace ao documento de información: https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/XNcQCJYrx27Be2T)
 

Unha alumna do IES Lucus Augusti gana o concurso Prensa - Escuela

A alumna do IES Lucus Augusti de 3ºESO, Greissy García Herrera, foi a gañadora do concurso Prensa-Escuela organizado por La Voz de Galicia, analizou unha canción de Nathy Peluso, facendo un traballo moi completo ó estudar primeiro a letra da canción, a súa métrica, os recursos lingüísticos utilizados, e, finalmente, os recursos literarios.

Ler máis

Convocatorias de innovación na Formación Profesional

Infórmase que está aberto o prazo para a presentación de solicitudes nas seguintes convocatorias de innovación na Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes para ambas as dúas convocatorias estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Toda a información atoparédela no porta de FP ou nas seguintes ligazóns:

             http://www.edu.xunta.gal/fp/espazos-tecnoloxia-aplicada-fp-convocatoria-2024

http://www.edu.xunta.gal/fp/convocatoria-innovacion-2024

 

Distribuir contido


by Dr. Radut