Skip to Content

concursos e premios

Mención de Honra na LVIII Olimpíada de Matemáticas

O alumno do IES Lucus Augusti de 1º Bacharelato, Aman Santana da Silva, acadou a Mención de Honra, única na provincia de Lugo, na fase autonómica da LVIII Olimpíada de Matemáticas, celebrada o 21 de xaneiro na Facultada de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Ganador do concurso de composición

O alumno do IES Lucus Augusti de 4ºESO, Gerald Vázquez Fernández, ganou o concurso do "IX Certame Creativo", organizado polo conservatorio, coa composición Burbujas de nostalgia.

Vídeo

Premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria

O alumno do IES Lucus Augusti Aman Santana da Silva acadou o premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondente ao curso 2020-2021, concedido pola Orde do 28 de outubro da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O pasado 3 de xullo, publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311E).

Ese mesmo día enviamoslle un correo electrónico desde a aplicación PremiosEdu con información sobre esta convocatoria.

Queremos salientar neste novo envío de información que o prazo de presentación solicitudes comezou o día 16 de agosto de 2023 e rematará o día 15 de setembro de 2023 (art. 4.4 da orde de convocatoria).

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311E; ou na páxina de inicio da aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/)

Ler máis

O 11 de xullo publicouse no DOG a ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os O 11 de xullo publicouse no DOG a ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311E).

Lembrámoslle que, segundo se establece no artigo 4.4 de dita orde, o 23 de setembro remata o prazo para presentar solicitudes de participación en ditos premios. e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311E).

Lembrámoslle que, segundo se establece no artigo 4.4 de dita orde, o 23 de setembro remata o prazo para presentar solicitudes de participación en ditos premios.

Convócase o IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte ... nas Ondas!

Convocatoria

Bases

Distribuir contido


by Dr. Radut