Skip to Content

concursos e premios

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021-2022

Onte, 30 de maio, publicouse no DOG a Orde do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311D).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

 

Entrega dos III Premios de Ensaio Filosófico

Entrega por parte do xurado,composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía, Orientación e redactores da revista colaboradora “Hechos Mínimos", dos III Premio de Ensaio Filosófico.

Álbum: Sen categoría -> III Premios Ensaio Filosófico

DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA III PREMIO DE ENSAIO FILOSÓFICO

En sesión celebrada no IES LUCUS AUGUSTI o 25/04/2022 reúnese o xurado do III Premio de Ensaio Filosófico, composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía e Orientación e redactores da revista colaboradora “Hechos Mínimos”. Tras avaliar os sete traballos presentados, o xurado decide fallar os seguintes premios:

PRIMEIRO PREMIO: para “EL TRANSHUMANISMO”, presentado por Maxime Toirán Toirán, de 2º Bach B.

SEGUNDO PREMIO: para “COMPETICIÓN TECNOLÓGICA”, presentado por Andrea Pérez Montero, de 1º Bach B.

TERCEIRO PREMIO: para “LA TECNOLOGÍA VISTA DESDE LAS MANIFESTACIONES ARTÍSTICAS HUMANAS”, presentado por Kamil Anni Medina Rordríguez, alumna de 2º Bach A.

Fallo

Entrega de premios

Premios extraordinarios de bacharelato

Onte, 25 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311A).

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

BASES DO SORTEO DUNHA TABLET

 O IES Lucus Augusti co CIF Q7755122D e domicilio na Avenida Rodríguez Mourelo, s/n en Lugo ten previsto facer un sorteo dunha Tablet para axudar a financiar o viaxe de estudos de 1ºBAC, que se realizará no mes de xuño do 2022. Sorteo que se efectuará de conformidade ao establecido nestas bases.

Bases

CONVOCATORIA BECAS MINISTERIO PARA O CURSO 22/23

Para o próximo curso 2022-2023 o ministerio adiantou o prazo para solicitar a bolsa da convocatoria xeral. Os interesados poden saber se reúnen os requisitos e ler a convocatoria entrando nas ligazóns que se achegan.

Prazo do 30 de marzo ó 12 de maio, precísase de sinatura electrónica.

Becas

www.educacionyfp.gob.es

Cartaz informativo

Distribuir contido


by Dr. Radut