Skip to Content

 

Laternenfest o Sankt Martinsumzug

 

O 11 de novembro é un día importante en moitas zonas de Alemania, Suiza e Austria.

Celébranse tres eventos sinalados: O San Martiño (Sankt Martin), a próxima chegada do Nadal e o inicio do Entroido (Fasching/Karneval), que empeza o día 11 do 11 as 11:11hrs.

 

 

 

 

 

 

Neste día organizase un desfile polas rúas de ciudades e vilas (Laternenumzug) na que rapaces e rapazas levan os seus farois, normalmente feitos manualmente por eles mesmos, e cantan cancións típicas desta festa: “Laterne, Laterne, Sonne, Mond und Sterne”, “ Ich gehe mit meiner Laterne und meine Laterne mit mir”.

 

 

 

 

 

 

 O alumnado de alemán de 1ºESO A contribúe a celebración deste día no IES Lucus Augusti elaborando os seus propios faroliños.

 

 

 

 

 

 

 

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional concedeu o premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondente ao curso 2017/18 ó  alumno Pedro Ferreiro Rega do IES Lucus Augusti.

Intercambio con Alemania, que tivo lugar do 22- 29 de setembro e que organiza o departamento de alemán. Durante unha semana alumnos do instituto Humboldt – Gymnasium de Leipzig visitaron o noso instituto. Estiveron visitando a cidade de Lugo, A Coruña(Domus, a Praia e a cidade) e Santiago (a cidade con un guía e a praza de abastos). Os nosos alumnos de 4º ESO visitaron Leipzig o marzo pasado.

 

 

 

 

Becas erasmus

KA103: 5 prazas para alumnos de ciclo superior.

KA102: 7 prazas para alumnos de ciclo medio.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut