Skip to Content

Laternenfest o Sankt Martinsumzug

cazon

 

Laternenfest o Sankt Martinsumzug

 

O 11 de novembro é un día importante en moitas zonas de Alemania, Suiza e Austria.

Celébranse tres eventos sinalados: O San Martiño (Sankt Martin), a próxima chegada do Nadal e o inicio do Entroido (Fasching/Karneval), que empeza o día 11 do 11 as 11:11hrs.

 

 

 

 

 

 

Neste día organizase un desfile polas rúas de ciudades e vilas (Laternenumzug) na que rapaces e rapazas levan os seus farois, normalmente feitos manualmente por eles mesmos, e cantan cancións típicas desta festa: “Laterne, Laterne, Sonne, Mond und Sterne”, “ Ich gehe mit meiner Laterne und meine Laterne mit mir”.

 

 

 

 

 

 

 O alumnado de alemán de 1ºESO A contribúe a celebración deste día no IES Lucus Augusti elaborando os seus propios faroliños.

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut