Skip to Content

O noso centro vén de recibir este pasado luns, 4 de febreiro na sé do Ministerio de Educación e Formación Profesional, de man da ministra, Isabel Celáa, a Placa de Honra da Orde Civil Afonso X o Sabio. En total fomos 6 centros os homenaxeados,dos cales 2 eramos galegos e, no noso caso, débese á recente conmemoración do 175 aniversario da creación do centro e á aportación realizada durante este tempo á vida cultural e educativa de Lugo e da provincia.
  Pódese ampliar a información premendo nas seguintes ligazóns:


Xornal "El Progreso"

Xornal "La Voz de Galicia"
Páxina da Consellería de Educación
Páxina do Ministerio de Educación e Formación Profesional

O pasado venres inaugurouse, no Mupega, a exposición temporal "Homo Sapiens, transmisor de coñecemento"na que participa o IES Lucus Augusti con varias pezas.

  A alumna do IES Lucus Augusti Jenifer Fernández Conde de 1ºBAC, participa no proxecto "Notarios Jóvenes" que é unha iniciativa do Consejo General del Notariado.

 

 

 

 

 

 

 

O número premiado no sorteo da cesta do nadal foi o 4197. No segundo sorte (21/01/2019) o número premiado foi 3272.

O IES Lucus Augusti, con domicilio na Avenida Rodríguez Mourelo, s/n en Lugo ten previsto realizar un sorteo dunha cesta de Nadal para axudar a financiar a viaxe de estudos a Italia, que se realizará a finais do mes de marzo do 2019. Sorteo que se efectuará de conformidade ao establecido nestas bases.

 

 

 

Laternenfest o Sankt Martinsumzug

 

O 11 de novembro é un día importante en moitas zonas de Alemania, Suiza e Austria.

Celébranse tres eventos sinalados: O San Martiño (Sankt Martin), a próxima chegada do Nadal e o inicio do Entroido (Fasching/Karneval), que empeza o día 11 do 11 as 11:11hrs.

 

 

 

 

 

 

Neste día organizase un desfile polas rúas de ciudades e vilas (Laternenumzug) na que rapaces e rapazas levan os seus farois, normalmente feitos manualmente por eles mesmos, e cantan cancións típicas desta festa: “Laterne, Laterne, Sonne, Mond und Sterne”, “ Ich gehe mit meiner Laterne und meine Laterne mit mir”.

 

 

 

 

 

 

 O alumnado de alemán de 1ºESO A contribúe a celebración deste día no IES Lucus Augusti elaborando os seus propios faroliños.

 

 

 

 

 

 

 

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional concedeu o premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondente ao curso 2017/18 ó  alumno Pedro Ferreiro Rega do IES Lucus Augusti.

Distribuir contido


by Dr. Radut