Skip to Content

Prazo de matrícula no IES Lucus Augusti para o curso 2020/21

cazon

Tanto o alumnado que solicitou praza por primeira vez no centro como o alumnado do IES Lucus Augusti ten que formalizar a matrícula* do 1 ó 10 de xullo de 2020. A matrícula pódese facer a través da páxina do centro, cubrindo o formulario de matrícula na ligazón, ou de xeito presencial no propio centro, para o que pode recoller previamente a documentación en conserxería ou descargala da ligazón Documentación.

*Tendo en conta a situación sanitaria e para evitar aglomeracións, se vas facer a matrícula presencial, aconséllanse as seguintes datas por cursos:

1ºESO: do 1 ó 2 de xullo

2º, 3º e 4º ESO: do 3 ó 6 de xullo

1º e 2º BAC: do 7 ó 10 de xullo

Documentación

Formulario de matrícula online

Formulario2 (só para o alumnado que se matricula por primeira vez e de xeito telemático)



page | by Dr. Radut