Skip to Content

Charla sobre HUMANIDADES DIXITAIS

O 17 de marzo o Departamento de Filosofía organizou para alumnado de Bacharelato unha charla sobre HUMANIDADES DIXITAIS, impartida pola xornalista e profesora da USC María Valcárcel.

Na charla puidemos comprobar que a cultura humanística e a cultura dixital non están tan afastadas como ás veces se presentan. No mundo de hoxe é necesario pensar nesa confluencia e na charla descubrimos algunhas das ferramentas para facelo.

Clausura do programa 21 Días en galego e +

A comunidade galego-falante mira este martes cara ó Lucus Augusti. O instituto acolleu a clausura do programa 21 Días en galego e +, un proxecto no que participan doce centros educativos e que busca estender o uso do galego máis alá das aulas. Durante o acto, un grupo de alumnos interpretou Terra, de Tanxugueiras.

A iniciativa tivo boa acollida en estudantes e profesorado, di Vázquez Somoza, que destaca que nestes vinteún días detectáronse cambios nos hábitos lingüísticos. Destaca que, seguramente pola súa condición de centro marcadamente urbano, o castelán é a lingua dominante no centro. "Unha cousa é a lingua das clases e outra a lingua de relación e nun centro urbano como este, o peso do galego era limitado", explica.

El progreso

21 días en Galego no Lucus

O 1 de febreiro comenzou no IES Lucus Augusti o programa 21 días en Galego no que participa. Este programa de dinamización lingüística nace para que a xente nova fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas. Alén diso, preténdese que a mocidade analice a súa relación coas linguas que coñece, e máis concretamente coa propia de Galicia, para ver cal é o lugar que ocupa ou pode ocupar na súa vida.

Vídeo

RadioGalega

Mención de Honra na LVIII Olimpíada de Matemáticas

O alumno do IES Lucus Augusti de 1º Bacharelato, Aman Santana da Silva, acadou a Mención de Honra, única na provincia de Lugo, na fase autonómica da LVIII Olimpíada de Matemáticas, celebrada o 21 de xaneiro na Facultada de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Aviso importante para o alumnado positivo por autotest

O alumnado que dea positivo por autotest na súa casa, debe:

  1.  chamar ao teléfono 881 54 00 45 ou rexistrar os seus datos na páxina do Sergas.
  2.  chamar ao Equipo Covid do centro educativo e comunicarlle ese positivo, 604089992.

Unha vez que estea confinado, permanecerá na súa casa durante 7 días (os últimos 3 sen síntomas). Durante os tres días seguintes (día 8 a 10) debe reducir ao máximo a súas relacións sociais.

(Máis información no espazo covid)

Ganador do concurso de composición

O alumno do IES Lucus Augusti de 4ºESO, Gerald Vázquez Fernández, ganou o concurso do "IX Certame Creativo", organizado polo conservatorio, coa composición Burbujas de nostalgia.

Vídeo

Distribuir contido


by Dr. Radut