Skip to Content

Participación no programa Educar en Xustiza

Neste mes de xaneiro de 2024, acompañados por profesores de Economía e Filosofía, sendos grupos de alumnado de Formación e Orientación Persoal e Profesional de 4º ESO asistiron aos Xulgados de Lugo, dentro do programa Educar en Xustiza, para asistir a diversos xuizos penais. Casos de furtos, roubos, lesións leves, agresións, danos, denuncias falsas entre outros foron presenciados para achegar o alumnado ao funcionamento dun tribunal de xustiza: as actuacións de xuices/as, fiscáis e abogados/as defensores, a existencia ou non de acusación particular, as declaracións de testemuñas e peritos, a conexión en remoto con outros xulgados ou prisións..., todo iso forma parte dunha experiencia de gran interés, que se completa con explicacións didácticas e respostas ás preguntas do alumnado.

Imaxes

Dicionario do Galego do Bierzo

O próximo martes, 30 de xaneiro ás 20:00 horas, no salón de actos do IES Lucus Augusti preséntase o Dicionario do Galego do Bierzo. Participará a autora, Sara Rodríguez Fernández, acompañada dos profesores Gaspar Méndez, departamento de Xeografía e Historia, e Yolanda Carregal, ENL.

Cartaz

Renovación do mapa de Fontán ao IES Lucus Augusti

A Vicepresidencia da Deputación renovou por dez anos a cesión do mapa de Fontán ao IES Lucus Augusti. O mapa estivo no Pazo de San Marcos, sede do instituto de Lugo cidade nas primeiras décadas do século pasado, e alí quedou cando a actividade docente cambiou de emprazamento. Foi atopado e restaurado por persoal do Museo de Lugo, dependente da Deputación, e no 2009 acordouse cedelo ao IES Lucus Augusti, onde se expón.

Ler máis

Participación do IES Lucus Augusti no 95 aniversario de Xesús Alonso Montero

O IES Lucus Augusti foi convidado ó acto organizado pola USC na facultade de Filoloxía para celebrar o 95 aniversario do catedrático e membro da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. O homenaxeado, que foi profesor de Lingua e Literatura Española no Lucus dende 1960 ata 1976, referiuse con afecto durante a súa intervención a este período como "os 16 mellores anos da miña vida".

Ler máis

Intercambio con Dinamarca

Catro alumnas de Dinamarca estiveron durante dúas semanas de intercambio no IES Lucus Augusti. O programa de intercambio entre España e Dinamarca foi asinado para fortalecer a cooperación en aspectos lingüísticos e educativos. As alumnas danesas seguiron o horario académico, participaron en actividades culturais, visitas á cidade e horas libres; as familias anfitrioas ofrecéronlles a oportunidade de coñecer outra cultura e familiarizarse con ela. Esta visita permite que alumnado do centro poda ir a un instituto de Dinamarca a vivir a cultura educativa e escolar danesa.

Ler máis

 

Bases do sorteo dunha cesta de nadal

A promoción desenvolverase dende o 06 de novembro de 2023, data coincidente co inicio da venda das papeletas, ao 26 de decembro de 2023, data do sorteo da Once que fixará o número da papeleta premiada.

A participación no presente sorteo promocional está aberta a todo usuario que cumpra cas presentes Bases e especificamente as Condicións de participación citadas na base 4. O centro educativo resérvase o dereito a evitar que sobre este sorteo promocional se establezan sistemas de especulación ou de negocios. A tal fin, o IES Lucus Augusti poderá dar de baixa a aqueles que estean facendo un mal uso da promoción, realicen actos fraudulentos ou que prexudiquen a outros participantes.

Bases

Distribuir contido


by Dr. Radut