Skip to Content

IV PREMIO DE ENSAIO FILOSÓFICO

cazon

En sesión celebrada no IES LUCUS AUGUSTI o 25/04/2023 reunido o xurado do IV Premio de Ensaio Filosófico composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía e Educación Plástica, e a escritora e redactora da revista colaboradora “Hechos Mínimos”; despois de avaliar os traballos presentados, o xurado decide fallar os seguintes PREMIOS:

 MODALIDADE ENSAIO:

PRIMEIRO PREMIO para PABLO PEDREIRA LÓPEZ, de 1º BACH C.

SEGUNDO PREMIO para CLOE CANTO SYLLÁ, de 2º BACH E.

TERCEIRO PREMIO para PAULA PIÑEIRO LAGE, de 2º BACH E.

MODALIDADE VIÑETA:

PRIMEIRO PREMIO para MARTA RIVERA LÓPEZ, de 2º BACH B (viñeta nº 1)

Ademais dos traballos premiados, menciónanse tamén nas consideracións finais os traballos presentados por ANTÓN RODRÍGUEZ VÁZQUEZ de 2º BACH E e IAGO RAMOS SALGADO de 1º BACH E.

O ENSAIO de PABLO PEDREIRA LÓPEZ destacado co Primeiro Premio contén unha reflexión madura e ben articulada sobre o tema proposto da “paz despois da guerra”, cun texto de ideas precisas e sensibilidade na expresión, con capacidade para suxerir e continuar pensando a partir del, mérito que consideramos especialmente destacable.

A VIÑETA premiada de MARTA RIVERA LÓPEZ reflicte en breves trazos as ambigüidades e paradoxos do tema, facendo que unha cuestión complexa poida ser transmitida con medios sutís, deixando abertas posibles lecturas da imaxe.

Non queremos deixar de destacar os ensaios premiados de CLOE CANTO SYLLÁ (un texto de gran riqueza no manexo de referencias culturais) e PAULA PIÑEIRO LAGE (con texto cheo de matices na expresión das ideas). E con elas, os textos de ANTÓN RODRÍGUEZ VÁZQUEZ e IAGO RAMOS SALGADO, con cualidades que os fan ser meritorios concursantes deste premio. Noraboa a todas elas e eles.

A entrega dos premios terá lugar o día 5 de maio de 2023, ás 11:15 na Sala de Xuntas do IES Lucus Augusti.

Fallo



page | by Dr. Radut