Skip to Content

admisión

 

INFORMACIÓN PÚBLICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

 

CENTROS ADSCRITOS / DE ADSCRICIÓN

 

CEIP Rosalia de Castro,CEIP A Ponte

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2024/2025

 

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)

  1. Solicitude de reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I e Anexo I-bis (modelo ED550A) no centro de orixe: 15 de xaneiro - 5 de febreiro, ambos os dous incluídos.

  2. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva.

  1. Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.

  2. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 5 abril, ambos os dous incluídos.

  3. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.

  4. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

  5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.

  6. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

3ª FASE: MATRÍCULA

  1. Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño –01 de xullo.

  2. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño-08 de xullo.

 

1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (15 xaneiro-5 de febreiro)

  • Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I e Anexo I-bis (modelo ED550A).

  • Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:

  1. Entregándoa no centro de orixe do alumnado (centro no que está actualmente escolarizado).

  2. Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

  • A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se a/o alumna/o resultase admitida/o, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

  • A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro(salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición até o día 28 de febreiro de 2024).

  • A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-20 de marzo)

 

  1. Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B).

  2. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  3. Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II e e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.

  1. Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:

No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, até o 28 de febreiro.

  1. As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias e poderase entregar nos seguintes lugares :

  1. Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

  2. Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

  1. Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (DOG 8 de novembro de 2022)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

INSTRUCCIÓNS da Dirección Xeral de Centros e RRHH sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-2025.

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

Pódense consultar na secretaría do centro ou no buscador de centros da páxina edu.xunta.es

https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/BuscaCentros.do

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

 

TRANSPORTE ESCOLAR

Regulado na seguinte normativa:

  • Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 27 de xuño de 1988)

  • Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte de escolares e obreiros de competencia. exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 9 de xaneiro de 1990). Corrección de erros (DOG 1 de marzo de 1990)

  • Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar.

 

COMEDOR ESCOLAR

Regulado na seguinte normativa:

  • Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. (DOG 13 de agosto de 2013)

  • Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG 5 de marzo de 2007)

  • Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar.

  • Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar.

 

RECURSOS ESPECÍFICOS OU ESPECIAIS

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut