Skip to Content

Láminas didácticas

 

Ver Catálogo Láminas Didácticas I

Ver Catálogo Láminas Didácticas II

Ver Anexo I

Ver Anexo II

Ver Anexo III

 

               

 

Patrimonio IES Lucus Augusti

Catálogo de láminas

O Instituto Lucus Augusti conserva unha importante colección de láminas murais; a súa orixe remóntase á segunda metade do século XX. A creación dos chamados Gabinetes de Historia Natural ao remate do século XIX e principios do XX, nos que desenrolaban as ideas da pedagoxía intuitiva, facía indispensable o emprego destas láminas nun modelo curricular cuxo obxectivo era introducir unha ensinanza máis práctica e experimental. Nestas láminas represéntanse debuxos sobre Zooloxía, Botánica, Anatomía Humana, Fisioloxía e Hixiene e Química que servían para apoia-las explicacións dos profesores. Sen dúbida, estes materiais foron no seu intre un innovador recurso educativo e aínda que hoxe poden parecernos sinxelos, teñen un indudable valor patrimonial

As láminas proceden de Alemania, Italia, Holanda e Francia, algúns dos seus autores son Engleder, Matzdorff, Paola Manfredi, L. Valenti ou Antonio Vallardi; as publican editoriais como Martinus Nijhoff da Haia e chegan aos Institutos ao traveso de empresas españolas de distribución como SOGERESA, Nobel ou Cultura Eimler-Basanta-Haase, todas elas de escasa producción propia.

Todas estas láminas, unha vez que deixaron de empregarse no Instituto, foron almacenadas en distintos Departamentos; no derradeiro ano limpalas, catalogalas e conservalas foi o noso principal obxectivo.

A participación do Lucus Augusti desde o 2010 no programa ARCE do Ministerio de Educación (agrupación de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns) permitíunos acudir ás "Xornadas dos Institutos Históricos" celebradas en Logroño e Burgos e organizadas pola Asociación Nacional para a Defensa do Patrimonio dos Institutos Históricos, donde puidemos ve-la actuación que sobre estes materiais levouse a cabo noutros Centros Históricos. O programa tamén permitíu xuntarnos en Madrid co resto dos integrantes do proxecto e con tal motivo realizamos unha visita ao IES Isabel a Católica, na que tivemos ocasión de ve-las coleccións que conservan e o seu xeito de almacenaxe que nos pareceu o adecuado para o material existente  no Instituto Lucus Augusti. Asistimos tamén en Santiago ao curso A Conservación do Patrimonio Educativo, organizado pola Consellería de Educación e impartido pola restauradora do Museo Pedagóxico de Galicia, dona Beatriz Seco e pola profesora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, dona Susana Ara.

Á vista do estado de conservación das nosas láminas, algunhas delas rasgadas, pegadas con celo, separadas dos marcos e con moito polvo acumulado, o noso primeiro obxectivo foi a súa limpeza e almacenaxe co gallo de conservalas en condicións favorables e impedir o seu paulatino deterioro.

Os materiais que empregamos foron: Brochas e cepillos de sedas naturais (duras e medias), algodón neutro; goma Drafting-Powder en polvo, branca, blanda, sen aditivos e non grasa; secantes 100% algodón e neutro de 300 gramos para soporte da mesa de traballo; papel Reemay de 34 gr. e cilindros de cartón forrados con Melimex 50 micras.

O proceso seguido foi o seguinte: Retiramos os cravos, cintas, chatolas e celos adheridos ás láminas e pasamos as brochas e cepillo para unha primeira limpeza, espallamo-la goma en polvo sobre a lámina e con bolas de algodón, iniciamos a limpeza en círculos e do centro aos extremos. Pasamos os cepillos outra vez para retirar toda pegada de goma e fotografiamos cada lámina.

Unha vez realizada a limpeza pasamos á fase de almacenaxe que realizamos de dous xeitos: Unhas láminas as colocamos nun moble metálico de grandes gabetas e outras nun moble vitrina fabricado ao efecto. No moble metálico dispuxemos as láminas extendidas, protexidas por papel Reemay e coas súas correspondentes fotos na fronte de cada gabeta para unha mellor identificación. Para a súa almacenaxe no moble vitrina enrolamos previamente cada lámina sobre un tubo de cartón forrado con Melimex, envolto todo co papel Reemay e atado con cintas de algodón ou cintas feitas co mesmo papel Reemay; no exterior de cada lámina enrolada colocamos unha foto en miniatura para poder identificar fácilmente la lámina que hai no interior. O armario leva uns soportes laterais e centrais con marcas redondeadas para poder pousar cada lámina.

 

 Ver Catálogo Láminas Didácticas I

Ver Catálogo Láminas Didácticas II

Ver Anexo I

Ver Anexo II

Ver Anexo III

Distribuir contido


by Dr. Radut