Skip to Content

concursos e premios

Ganador do concurso de composición

O alumno do IES Lucus Augusti de 4ºESO, Gerald Vázquez Fernández, ganou o concurso do "IX Certame Creativo", organizado polo conservatorio coa composición "burbujas de nostalgia"

vídeo

Premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria

O alumno do IES Lucus Augusti Aman Santana da Silva acadou o premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondente ao curso 2020-2021, concedidos pola Orde do 28 de outubro da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

IV edición dos Premios de podcast O vello dos contos

Convócase o IV Certame de Podcasts en Galego Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte ... nas Ondas!

Convocatoria

Bases

CONCURSO DE REDACCIÓN E DEBUXO: A RIBEIRA SACRA PATRIMONIO MUNDIAL

Coa finalidade de promover o coñecemento do patrimonio cultural, histórico e paisaxístico da Ribeira Sacra, así como fomentar o apoio para a consecución da declaración como Patrimonio Mundial pola UNESCO, o xornal El Progreso en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia convocan o concurso de redacción e debuxo “A Ribeira Sacra, Patrimonio Mundial” que se rexerá segundo as seguintes bases.

 Premios. Para cada unha das modalidadess (debuxo e redacción) e categorías (Primaria e Secundaria) establécense os seguintes premios:

- 1º premio: Unha tableta

- 2º premio: Unha cámara fotográfica

- 3º premio: Un altofalante con conexión usb

III Premio de Ensaio Filosófico.

III Premio de Ensaio Filosófico 

O Club de Letras Lucus a través do Departamento de Filosofía convoca o "III Premio de Ensaio filosófico" para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

Tema: Fainos mellores a Tecnoloxía?

O artigo gañador será publicado na revista cultural "Hechos Mínimos"

Ligazón para descargar PDF coas bases da convocatoria. 

Distribuir contido


by Dr. Radut