Skip to Content

concursos e premios

Premio na final do concurso Xosé Castiñeira

Despois de celebrarse a final do concurso de interpretación Xosé Castiñeira, o alumno do IES Lucus Augusti Álex Barcala Castro acadou o 2º premio na modalidade de piano.

XXXIV Olimpíada Española de Física

O alumno do IES Lucus Augusti, Aman Santana Da Silva, acadou unha mención na XXXIV Olimpíada Española de Física que se celebrou este sábado 29 de abril en Lugo. O evento contou coa participación dun centenar de estudantes de 2º de BAC de toda España.

Ler máis

IV PREMIO DE ENSAIO FILOSÓFICO

En sesión celebrada no IES LUCUS AUGUSTI o 25/04/2023 reunido o xurado do IV Premio de Ensaio Filosófico composto por profesorado dos Departamentos de Filosofía e Educación Plástica, e a escritora e redactora da revista colaboradora “Hechos Mínimos”; despois de avaliar os traballos presentados, o xurado decide fallar os seguintes PREMIOS:

 MODALIDADE ENSAIO:

PRIMEIRO PREMIO para PABLO PEDREIRA LÓPEZ, de 1º BACH C.

SEGUNDO PREMIO para CLOE CANTO SYLLÁ, de 2º BACH E.

TERCEIRO PREMIO para PAULA PIÑEIRO LAGE, de 2º BACH E.

MODALIDADE VIÑETA:

PRIMEIRO PREMIO para MARTA RIVERA LÓPEZ, de 2º BACH B (viñeta nº 1)

Ademais dos traballos premiados, menciónanse tamén nas consideracións finais os traballos presentados por ANTÓN RODRÍGUEZ VÁZQUEZ de 2º BACH E e IAGO RAMOS SALGADO de 1º BACH E.

O ENSAIO de PABLO PEDREIRA LÓPEZ destacado co Primeiro Premio contén unha reflexión madura e ben articulada sobre o tema proposto da “paz despois da guerra”, cun texto de ideas precisas e sensibilidade na expresión, con capacidade para suxerir e continuar pensando a partir del, mérito que consideramos especialmente destacable.

A VIÑETA premiada de MARTA RIVERA LÓPEZ reflicte en breves trazos as ambigüidades e paradoxos do tema, facendo que unha cuestión complexa poida ser transmitida con medios sutís, deixando abertas posibles lecturas da imaxe.

Non queremos deixar de destacar os ensaios premiados de CLOE CANTO SYLLÁ (un texto de gran riqueza no manexo de referencias culturais) e PAULA PIÑEIRO LAGE (con texto cheo de matices na expresión das ideas). E con elas, os textos de ANTÓN RODRÍGUEZ VÁZQUEZ e IAGO RAMOS SALGADO, con cualidades que os fan ser meritorios concursantes deste premio. Noraboa a todas elas e eles.

A entrega dos premios terá lugar o día 5 de maio de 2023, ás 11:15 na Sala de Xuntas do IES Lucus Augusti.

Fallo

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24,estudos postobrigatorios

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

O prazo de solicitudes é do 27 de marzo ao 17 de maio/2023, a través da Sede Electrónica do Ministeriohttps://www.educacionyfp.gob.es/

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 25 de xuño de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Información

 

Nova convocatoria de becas da fundación SEPI

Programa Fundación SEPI - Talentum 2023/2025 (Telefónica de España, S.A.U.)

A Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ó Programa indicado, cuxas características xerais expóñense nas Bases da Convocatoria, que se atopan na dirección:

https://www.fundacionsepi.es/becas/telefonica-fsepi.asp

Distribuir contido


by Dr. Radut