Skip to Content

Novas

Información para o comezo do curso 2022/23 no IES Lucus Augusti

O curso 2022/23 comeza o 8 de setembro coas presentacións dos grupos segundo o calendario que se publique na páxina do centro. O día 6 de setembro vaise poñer na páxina do IES Lucus Augusti toda a información necesaria para dar comezo ó novo curso: calendario de presentacións e listaxe de grupos.

Listaxes definitivas de admitidos e excluídos nas Axudas de Material Escolar

As listaxes definitivas de admitidos e excluídos nas Axudas de Material Escolar poden consultarse no tablón de anuncios do centro e tamén na aplicación Fondo Libros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/PaxinaInicio.action#

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE A DEVOLUCIÓN DO EQUIPAMENTO E-DIXGAL

A secretaría do centro avisa ó alumnado que remate os estudos da ESO ou cambie de centro que deberá entregar obrigatoriamente o equipo Edixgal, de acordo co seguinte calendario:

4º ESO A: xoves día 16 de xuño ás 10:25 horas.
4º ESO B: luns día 20 de xuño ás 13:40 horas.
4º ESO C: luns día 20 de xuño ás 12:50 horas.
4º ESO D: martes día 21 de xuño ás 13:40 horas.

Os equipos deberán ser entregados en perfectas condicións (limpos e co seu correspondente maletín con arnés, cargador e punteiro) nas datas indicadas. As familias deberán asinar un documento de entrega facilitado polo centro.

Información xeral 

Información para o alumnado de 4ºESO

Xornadas sobre Adicións sen Substancia

Xornadas de adicións sen substancia

O Concello de Lugo desenvolve as “Xornadas sobre adicións sen substancia” impartidas por distintos especialistas que abordarán varias temáticas relacionadas coas adicións comportamentais.

O 12 de maio ás 16:30 intervirá na Biblioteca do IES Lucus Augusti a psicóloga Belen Montesa Lou para falar de "A relación das novas tecnoloxías coa adolescencia contemporánea

Entrada aberta ata completar aforo 

Ligazón ao cartaz das Xornadas  

UNIferia 2022

IV edición de UNIferia Grados, a feira virtual dos estudos universitarios de grao nas universidades españolas.

UNIferia conta coa presenza de 45 universidades cunha oferta ampla e multidisciplinar de graos e dobres titulacións universitarias.

Os días 26 e 27 de abril poderase visitar a feira conectándose dende o móbil ou calquera outro dispositivo con conexión a Internet e, unha vez rexistrados/as, poderá facerse unha visita virtual polos diferentes stands e charlar cos equipos de información e orientación das universidades participantes para poderen despexar todas as dúbidas e axudar na elección dos estudos.

Rexistro

BASES DO SORTEO DUNHA TABLET

 O IES Lucus Augusti co CIF Q7755122D e domicilio na Avenida Rodríguez Mourelo, s/n en Lugo ten previsto facer un sorteo dunha Tablet para axudar a financiar o viaxe de estudos de 1ºBAC, que se realizará no mes de xuño do 2022. Sorteo que se efectuará de conformidade ao establecido nestas bases.

Bases

Distribuir contido


by Dr. Radut