Skip to Content

Novas

Prematrícula para o curso 2023-2024 no IES Lucus Augusti

O alumnado de ESO e BAC do IES Lucus Augusti que estivo matriculado no presente curso 2022/23 no centro ten que facer a prematrícula para o próximo curso 2023/24 cubrindo o correspondente formulario. O prazo para realizar a prematrícula é do 17 ó 31 de maio. 

Formularios

Nós tamén temos historia, volume II

Este xoves 20 de abril vaise presentar o libro Nós tamén temos historia volume II, escrito polo profesor de Xeografía e Historia Gaspar Méndez Fuentes e o seu alumnado de 2º e 3º ESO do curso 2021/22. O evento será no salón de actos do IES Lucus Augusti ás 19:00 horas. 

Cartaz

Publicada a convocatoria das becas MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2023/24

Infórmase que xa saíu publicada a convocatoria das becas MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2023/24 (dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico).

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Clasificación para a Olimpíada Nacional de Física

O alumno do IES Lucus Augusti, Aman Santana Da Silva, clasificouse para a Olimpíada Nacional de Física que se celebrará en Lugo o próximo 28 de abril.

Admisión para o curso 2023/24

Na páxina do centro, en alumnado/admisión, está publicada toda a información referente ó proceso de admisión para o curso 2023/24.

Admisión

Sorteo dunha Tablet

 O IES Lucus Augusti co CIF Q7755122D e domicilio na Avenida Rodríguez Mourelo, s/n en Lugo ten previsto facer un sorteo dunha Tablet para axudar a financiar a viaxe de estudos de 1ºBAC, que se realizará no mes de marzo do 2023. As bases que rexen o sorteo son as que se achegan.

Bases do sorteo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut