Skip to Content

II Olimpíadas Teleco

cazon

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) da UVIGO vos anima a participar nas II Olimpíadas Teleco, as segundas que se celebran no ámbito nacional. Trátase dunha iniciativa colaborativa de todas as escolas de enxeñaría de telecomunicación de España e máis dos dous colexios profesionais: Colexio de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación, COITT, e a Asociación Española de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación, AEGITT, que pretende visibilizar a potencialidade dos estudios de enxeñaría de Telecomunicación entre o estudantado máis novo, para espertar vocacións temperás.

Como o curso pasado, a competición vaise desenvolver en dúas fases: unha local, xestionada e coordinada pola EET da UVIGO, e outra nacional, na que competirán os mellores proxectos (gañadores) das competicións locais.

A EET está moi orgullosa do éxito que tivo a edición do curso pasado e animámosvos a participar, especialmente ás e aos docentes do ámbito de tecnoloxías. Non estaredes sós, axudarémosvos desde o noso centro na formación, facilitarémosvos os equipos necesarios (kit de placas) e asesoría individualizada durante a realización dos proxectos.

A continuación recollemos a información máis relevante, que podedes consultar ampliada na nosa web (www.teleco.uvigo.es ou ben escaneando o QR que tedes neste documento) na que tamén podedes consultar o ben que foi a primeira edición. Podedes expor as vosas dúbidas ou consultas no correo que creamos expresamente para esta iniciativa: teleco.olimpiadas@uvigo.es.



page | by Dr. Radut