Skip to Content

exposición

Máscaras de entroido

Esta semana nas vitrinas do Lucus e na entrada do centro están colocadas máscaras de entroido, propiedade de Xosé Manuel Seixas. A exposición inclúe tamén unha mostra de libros sobre este tema.

Álbum: Sen categoría -> Exposicion mascaras

Exposición 180 anos

Durante o mes de decembro de 2022 estivo exposta nas vitrinas do Lucus unha pequena representación do material didáctico histórico que garda o IES Lucus Augusti nos seus museos. Publicacións, material de laboratorio, meteorito dos anos 50 e ata unha máquina de raios X portátil.

Álbum: Actividades 22/23 -> Exposición 180 anos

Cadernos de campo

Exposición dos cadernos de campo do alumnado de 4ºESO.

Álbum: Nasvitrinas -> Cadernos de campo

Os tubos de descarga consisten en tubos de vidro pechados, cun baleiro alto no seu interior e nos que hai polo menos dous electrodos. Cando se lles aplica unha voltaxe suficientemente grande, poden emitir electróns nun dos electrodos, o cátodo, e o gas residual que conteñen pode ionizarse. Os exemplares da colección do IES Lucus Augusti, coma os doutros institutos históricos, tiñan a función de ser empregados en experiencias de cátedra para mostrarlles aos estudantes algunhas propiedades eléctricas da materia. Na colección hai tanto tubos de Geissler como tubos de Crookes.

 Nos tubos de Geissler, cando se aplica unha voltaxe alta entre os dous electrodos, o cal se pode facer cun carrete de Ruhmkorff, obsérvase un resplandor cuxa cor depende da natureza do gas do tubo. A orixe do resplandor é a ionización do gas e, empregando un espectroscopio, pode verse o espectro da luz emitida, característico de cada gas.

 No tocante aos tubos de Crookes, o baleiro e maior e permiten ver unha fluorescencia verdosa na zona do tubo oposta ao cátodo. Esa fluorescencia débese á corrente de electróns formados no cátodo, que se desprazan polo interior do tubo e que reciben o nome de raios catódicos.

 No IES Lucus Augusti hai unha colección dos dous tipos de tubo, a cal pode ser visitada no seu museo, no que tamén hai outros moitos obxectos de interese.

 

 Ler máis

 Marzo-Abril 2022

O ano 2022 foi declarado pola Asemblea Xeral da ONU como Ano Internacional do Vidro co obxectivo de dar visibilidade á súa importancia científica, ambiental e cultural como un dos materiais máis importantes, versátiles e transformadores da Historia. No comunicado emitido por esta institución destácase o papel fundamental deste material na evolución da arquitectura e das artes, así como en sectores destacados como son o aeroespacial e da automoción, o da enerxía, biomedicina, electrónica e comunicacións, no traballo de laboratorio e na óptica, no envasado e no almacenamento.

 O IES Lucus Augusti, aproveitando esta efeméride, pon en valor o material de vidro do seu museo a través dunha exposición que leva por título “Material de vidro no museo. Un percorrido por pezas do laboratorio de química e de bioloxía de onte e de hoxe”. Este material, constituído por pezas do antigo gabinete de Física e Química conservadas actualmente no museo, forma parte dos fondos materiais que compoñen o patrimonio do noso centro, común ao de moitos outros Institutos Históricos.

 Ler máis

Distribuir contido


by Dr. Radut