Skip to Content

Maquetas do ADN

As maquetas foron realizadas polos alumnos de 4º ESO de bioloxía e xeoloxía (4º A e 4º B). A finalidade da actividade era que comprendesen a estrutura do ADN. Unha vez estudiada a súa estrutura secundaria (modelo da dobre hélice de Watson e Crick), os alumnos debían construír unha maqueta (modelo tridimensional) desta biomolécula. Para realizar a maqueta podían utilizar diferentes materiais, cada un os que quixera. Despois de ver vídeos de YouTube nos que facían maquetas de ADN con diferentes materiais: gominolas, papel (origami), bolas e palilos, etc., os alumnos podían escoller algunha desas ideas, ou podían optar por facer a maqueta libremente, utilizando os materiais que eles quixeran.
 As maquetas podían ter unha lenda, onde se indicara o que é cada elemento,unha vez feitas, tiñan que saber explicar a estrutura do ADN ou contestar a preguntas concretas feitas pola profesora, baseándose na súa maqueta.

Álbum: Nasvitrinas -> Maquetas ADN


album | by Dr. Radut