Skip to Content

CONSTRUÍNDO MOLÉCULAS EN 3D

 O alumnado do Club de ciencia do IES Lucus Augusti construíu moléculas de diferentes substancias orgánicas, previamente elixidas de acordo cos seus intereses. Os aminoácidos L-fenilalanina e L-arginina, a cafeína e a glucosa, o ácido acético, o trinitrotolueno e os alcohois etoxietanol e etilenglicol foron algunhas das seleccionadas.

 Ao remate da actividade fíxose unha exposición nas vitrinas da entrada do centro.

 A actividade desenvolveuse ao longo de varias sesións:

   1ª) Busca de información, elección da substancia e análise e debuxo da molécula a construír.

 Pintado das bolas de porexpan necesarias para cada molécula de acordo co código de cores indicado (vermello o átomo de osíxeno, azul o de nitróxeno e deixouse en branco o hidróxeno); preparación das variñas de madeira para os enlaces.

   2ª) Construción das moléculas e inicio da elaboración dos documentos coa información das diferentes substancias representadas.

     3ª) Creación dos códigos QR vencellados á información de cada substancia, así como da cartela identificativa da mesma, e montaxe da exposición.

Álbum: Sen categoría -> Nasvitrinas


album | by Dr. Radut