try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Cine na aula

Recursos didácticos relacionados co cinema para traballar en titoría

Fiestra

 

Plataforma dixital que promove a utilización de audiovisual galego como recurso pedagóxico para a educación en valores nos centros de ensino nas etapas de primaria e secundaria.

Dispón dun catálogo de curtametraxes galegas seleccionadas especialmente polo seu valor educativo.

Cada unha das obras vai acompañada dunha serie de recursos didácticos cos que poder traballar nas aulas

Para acceder:
 
 
Usuario: ies.lucus.augusti@edu.xunta.es
 
Contrasinal: Solicitala ao correo: alejandro.amieiro@edu.xunta.gal
 

Entrar no Catálogo de Curtametraxes

ANTES DE VER A OBRA

  • Recomendar ao alumnado que presten atención á obra xa que, logo do visionado, realizaremos unha serie de preguntas e xeraremos debate arredor dos contidos da mesma.

DESPOIS DE VER A OBRA / Recomendacións xerais para a realización das actividades:

  • Fomentar que os alumnos hipoteticen e favorecer a xeración de debate para a reflexión, o pensamento racional e o sentido crítico.
  • Promover a xeración de debate e a capacidade de debater dende o respecto. Esta actividade pretende afondar nos contidos da obra pero tamén pretende achegar a oportunidade de pensar, reflexionar, analizar, hipotetizar, debater, escoitar, e aprender a respectar as ideas e opinións dos demais.
  • Deixar que os alumnos debatan durante uns minutos sen corrixir as súas opinións e, unha vez que o debate perda forza, ou logo do tempo que o docente estime oportuno, aportar as respostas que se achegan nas guías de intervención pedagóxica.
  • Rexistrar nun documento as impresións e reflexións do docente acerca da actividade na súa totalidade, dende a formulación da iniciativa de educación a través do cine ata a realización das actividades.

Cine para traballar a sensibilización respecto ao acoso e ciberacoso

Nome Descrición Tema Curta
Nada será igual

"Nada será Igual" é un proxecto educativo para concienciar respecto ao ciberbullying. O director Víctor Antolí realizou este traballo baseámodse na iniciativa no ano 2014 do alumnado de bacharelato de último curso de Intertpretación nun IES de Castellón, a partir desa curta xestouse este filme, que forma parte da campaña #Ypunto, un movimento social que consite en mandar un punto a través das redes sociais como apoio ás vítimas de acoso.

Duración: 1h, 37´

Ciberacoso  
Mad World

 Videoclip dirixido por William Vision para o tema "Mad World" de Gary Jules, versionado por Jasmine Thompson.

Amosa o deterioro persoal asociado á presión grupal a que nos vemos sometidos dun xeito virtual, pero igualmente dramático. 

Duración: 2¨27"

Nota: É necesario iniciar sesión para visionalo

   

Relación de curtametraxes para a Educación Afectivo Sexual

Nome Descrición Tema Curta
The Light

Videoclip do tema "The Light" de Cecile Cassel (HollySiz) unha polifacética muller (actriz, cantante e cineasta) francesa que quixo sensibilizar á xente respecto a aceptación da identidade de xénero.

Duración: 3¨52¨¨

LGTBI  
Arelas 

Conferencia en TEDx de Cristina Palacios, Presidenta da asociación ARELAS. Para a sensibilización e promoción da defensa dos dereitos dxs nenxs e adolescentes trans* en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural, deportivo e social.

Duración: 22¨27"

Trans
Pretty Boy

"Pretty Boy" é unha curtametraxe do escritor e director Cameron Thrower que foi galardonada co premio de mellor película LGTB no 2017. Narra a historia dun rapaz cunha orientación sexual "disonante" respecto dos estereotipos sociofamiliares. Dunha iniciación planficiada cunha prostituta xurde un diálogo respecto a concepción da sexualidade, o determinismo asociado á orientación relixiosa... Moi bo.

Duración: 32´03¨ 

 LGTBI
 Div. Sex.

Vídeo sobre o concepto de diversidade sexual.

Duración: 7´20"

Diversidade Sexual
Pubertet

"Pubertet" é un programa sobre "Educación sexual" producido pola televisión de Noruega na que, utilizando modelos reais, ensina aos adolescentes as partes do corpo e as modificacións que se producen ao chegar a puberdade. Os contidos explícitos son obxecto de polémica cando mais nunha sociedade que abandonou hai anos a educación afectivo-sexual do currículo da escola. Deixo o enlace aos 8 capítulos subtitulados en castelá para quen queira facer uso deles.

Duración de cada capítulo: 5´

Educación Sexual

Relación de curtametraxes sobre trastornos alimentario

Nome Descrición Tema Curta
Break the habit

Controvertida campaña australiana para previr a obesidade infantil. Ademais do vídeo presentaron unha páxina nas redes sociais onde informaban sobre a necesidade de intervención sobre un problema que está a afectar a un de cada catro nenos e nenas no mundo. A dureza do spot é incuestionable.

Duración: 1´

Obesidade Infantil  
Ari

 

"Ari" Unha curtametraxe de Alex Murawski. A historia de Ari (que significa "ser" en xaponés) un neno, con sobrepeso e introvertido, que quere participar no grupo de iguais, impulsado polos seus sentimentos cara a compañeira de clase Jess, tenta baixar de peso e facerse máis franco nun esforzo por conectarse cos demais. Pero isto só o leva a unha maior dor, unha maior soedade e tristura, ao realizar a súa procura inútil e humillante de converterse noutra persoa, Ari fai unha declaración pública de auto-aceptación e descobre que o seu xeito de ser ten un valor sorprendente. "Ser un neno non é doado, sélo sendo tí mesmo é moito máis difícil. Ante a humillación o protagoniosta atopa a coraxe e a auto-aceptación do xeito máis insospeitado".

Duración: 9´28"

 

Obesidade Autoimaxe  

Relación de curtametraxes para traballar Educación en valores

Nome Descrición Tema Curta
Binta e a grande idea

Binta é unha proposta didáctica de Educación para o Desenvolvemento baseada nunha curta de Javier Fesser nomeada aos Oscar no 2007, Permete traballar a discriminación de xénero e facer unha reflexión sobre as situacións de desigualdade.

Unidade Didáctica

Duración: 29´24"

Desigualdade  
Umbrella

Curta de aniimación nominado aos Oscars de Helena Hilario e Mario Pece (2020). Unha conmovedora narración que os autores crearon a partires dunha historia real na que un neno vive co trauma ocasionado pola perda da figura paterna. 

Excesivamente sensibleira 

Duración: 8´

Orfandade  
Snack Attack

Curta de animación de Eduardo Verastegui (2016). Unha visión sobre os prexuizos.

Duración: 4´41"

Prexuízos
Mamasunción

Curta do director Chano Piñeiro. "Mamasunción" foi realizada  no ano 1984 e supuxo unha das obras cinematográficas mais emblemáticas do cinema galego. Un relato fermosísimo do drama da diáspora.

Duración: 19´53"

Diáspora / emocións  
Meu amigo Nietzsche

Curta escrita e dirixida por Fáuston da Silva. Plantexa o poder da cultura fronte a unha situación de deprivación social. Un neno das favelas muda a súa vida despois de ler "asi habló Zaratustra",

Duración: 15´

Filosofía / pobreza  
Pai

Curta de animación de Santiago Bou Grasso (2014). Contextualizado na Arxentina de1983 narra a historia da filla dun exmilitar, unha rutina chea de simbolismo que resulta sobrecolledora.

Duración: 11´52"

 Ditadura  
A miña avóa rechea

"My Stuffed Granny" é unha curta de animación de Effie Pappa (2014). En Galicia a vellez é o noso tecido produtivo, fai uns anos foi unha inxección para a economía familiar que permitiu "tunear" coches ou investir en decibeles e bebidas cunha autoconfianza desproporcinada que enmascaraba a auténtica subsistencia da xente que, no mellor dos casos, tiña traballos "mileuristas" fronteirizos co umbral da pobreza. A curta é inglesa pero podería ser galega.

Duración: 10´11"

Sociedade / Pobreza  
Alike

Curta de animación de Daniel Martínez Lara & Rafa Cano Méndez premiada co Goya 2015. A educación orientada cara a produtividade é un atentado á creatividade.

Duración: 8´

 Educación  
A Libraría

"The Library" é unha curta de Jason LaMotte sobre a enfermidade de Alzheimer. Lembra a longametraxe "Lejos de Ella". Excepcional.

Duración: 20´20"

 Alzheimer / Libros  
Zero

Curta de animación australiana de Christopher Kezelos e Christine Kezelos. (2011) "Zero" presenta unha metáfora da sociedade onde  os seres humanos nacen cun número no peito; este número define o seu destino, sendo os 8 e 9 os máis respectados e destinados ás mellores obras, 5, 6 e 7 da clase media con traballos mediocres, 1, 2, 3 e 4 os menos respectados pero que aínda teñen un papel dentro da sociedade, e finalmente 0. As persoas que nacen con este último están destinadas a ser marxinadas.

Duración: 12´20"

Sociedade / Discriminación  
"8"

Curta de Aćim Vasić (2010), no que ridiculiza con humor negro a maior das estupideces humanas: a guerra. Excelente.

Duración: 10´18"

Guerra  

Relación de curtametraxes para prevención fronte á vilencia de xénero.

Nome Descrición Tema Curta
Majorité Opprimée

Eleonore Pourriat realiza esta curtametraxe, "Maioría oprimida" (2010), que mostra un mundo onde os papeis de xénero se viven ao revés e as mulleres son opresoras e os homes oprimidos. Deste xeito, quere amosar a aquelas persoas que aínda non teñen claro a que se enfronta unha muller no seu día a día, con violencia constante, acoso, menosprezos...

Francés subtitulado castelá

Duración: 10´38´´

Violencia de xénero  
Querido papá

Curta que formou parte da campaña de concienciación e prevención da violencia contra a muller promovida pola asociación noreguesa Care Norway. Tan só por nacer muller un ser humano non posúe as mesmas posibilidades.

Duración: 5´

Violencia de xénero  
Dalle unha bofetada

Campaña para a prevención das agresións ás mulleres. O spot pretende amosar como as actitudes de violencia de xénero son aprendidas.

Duración: 3´20"

Violencia de xénero  
A orde das cousas

"El orden de las cosas" é unha curta dos irmáns César e José Esteban Alenda sobre a Violencia de xénero e a transmisión interxeneracional do maltrato. Nomeada á mellor curta de ficción nos "Goya 2011", o filme vai construindo dende un argumento sinxelo o drama que provoca a inercia dunha educación sexista que promove silenciosamente a violencia de xénero, descubrindonos un fundamentalismo agochado no mais profundo da “ética” occidental e que é ineludiblemente asumido en esterotipos por mulleres e homes.

Unidade Didáctica

Duración: 20´ 

Violencia de xénero  
Pepa e Pepe

Conferencia de Carmen Ruíz Repullo sobre violencia de xénero. Unha escaleira cíclica invisible para a vítima ata chegar á indefensión.

Duración: 13´30"

Violencia de xénero  
Vive ou morre

Curta de Ángeles González Sinde (2009). Que forma parte do proxecto do  Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade "Cine para ser la voz de quienes callan" - es +

Unidade Didáctica

Duración: 1´50 

Violencia de xénero  
Nunca é tarde para facerte valer

Curta de García Querejeta (2009). Que forma parte do proxecto do  Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade "Cine para ser la voz de quienes callan" - es +

Unidade Didáctica

Duración: 1´50"

Violencia de xénero  
Sinrazón Curta de García Querejeta (2009). Que forma parte do proxecto do  Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade "Cine para ser la voz de quienes callan" - es +

Unidade Didáctica

Duración: 1´50"

Violencia de xénero  
Sin pensalo duas veces Curta de Chus Gutierrez (2009). Que forma parte do proxecto do  Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade "Cine para ser la voz de quienes callan" - es +

Unidade Didáctica

Duración: 1´52"

Violencia de xénero  
Baixo a máscara Curta de Marta Belaustegui y Jesús Ruíz (2009). Que forma parte do proxecto do  Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade "Cine para ser la voz de quienes callan" - es +

Unidade Didáctica

Duración: 1´52"

Violencia de xénero  
Distribuir contido