try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Educación Afectivo Sexual

Materiais para traballar en titoría e/ou transversalmente a educación afectivo sexual

Un mundo diversx

ArelasUn mundo DiversX, pretende ser unha ferramenta de traballo introductora á Diversidade afectivo-sexual e a convivencia en igualdade. Este vídeo foi realizado por Prince Vidal, un rapaz de ARELAS que acaba de rematar o ciclo superior de Ilustración. Desde ARELAS, asociación de familias de menores trans, traballan para que as crianzas e adolescentes trans non teñan que vivir agochadas ou finxindo ser persoas que non son. Ligazón Arelas

22 segundos

Un libro para traballar en titoría a Identidade de Xénero, mesmo facendo unha lectura colectiva e unha relfexión sobre como a costrución das nosas identidades pode colisionar cos presuízos sociais. 

Xa hai anos leín "Él amante lesbiano", unha novela-ensaio de José Luis Sampedro no que reflexionaba sobre a identidade de xénero. A predisposición social a patoloxizar ás persoas que no conflúen coa taxonomía única e bipolar de home vs muller baseándose na morfoloxía xenital ao nacer deixa fóra da "normalidade' unha chea de persoas que sofren a etiqueta de "distrofia" durante toda a súa vida. Unha exclusión social que desgarra os sentimentos dun xeito cruel e inadmisible con consecuencias dramáticas que en ocasións rematan co suicidio. Existen estudos antropolóxicos que amosan inequivocamente a multitude de variables que constrúen a identidade de xénero, a quen non o fixera lle recomendo a lectura de "Sexo e temperamento" de Margaret Mead para afondar no relativismo da construción dos roles de xénero. "22 segundos" é o tempo que tarda en subir á nube un vídeo coa declaración pública da súa identidade un home transexual, unha novela pensada para a sensibilización dos máis novos respecto á diversidade que debería ser de lectura obrigada nos centros de ensino. Un relato doado, inxenuo e curto no que Eva Mejuto despréndese da calidade literaria para abordar sen ambaxes a historia de Alex, un neno nado nun corpo de muller.

Enlace entrevista Eva Mejuto

Sementado Igualdade

 

O Concello de Lugo, a través da Área de Cohesión Social, ven de presentar co gallo do "Día Internacional da Muller 2021" o libro "Sementamos Igualdade". 

Dirixido aos ámbitos familiar, educativo, institucional e da contorna social, recolle información respecto ao concepto de igualdade e ofrece microguías para fomentar a linguaxe igualitaria, recoñecer os mitos do amor romántico, e os síntomas dunha relación perigosa. 

Propostas para traballar unha educación libre de acoso homofóbico e transfóbico. Editado polo Ministerio de Snidad, Servicios Sociales e Igualdad

Ligazón para descargar o PDF

Abrazar a Diversidade

Videoclip do tema "The Light" de Cecile Cassel (HollySiz) unha polifacética muller (actriz, cantante e cineasta) francesa que quixo sensibilizar á xente respecto a aceptación da identidade de xénero.

Duración: 3,52 minutos 

Conferencia en TEDx de Cristina Palacios, Presidenta da asociación ARELAS. Para a sensibilización e promoción da defensa dos dereitos dxs nenxs e adolescentes trans* en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural, deportivo e social.

Duración: 22 minutos

 

Distribuir contido