try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Violencia de Xénero

Recursos para traballar a Prevención da Violencia de Xénero

Entrevista a Marta Rodríguez Engroba de Sí, Hai Saída

Marta EngrobaA continuación deixamos a entrevista que a finais do curso 2018/2019 lle realizaron Noa Palmeiro e Miguel Rodríguez a Marta Rodríguez Engroba de 

Sí, Hai Saída para o concurso de prensa na escola: "El País de los Estudiantes". Aproveitando a visita que Marta nos fixo este luns 18 de Novembro acompañada da xuíza Sandra Piñeiro, queremos compartir o resultado do encontro que a primeira tivo non hai moito con Noa e Miguel no arquivo adxunto.

Ligazón ao PDF 

 

 

25 N

 

 

Unidades Didácticas propostas pola CIGA para traballar na etapa de secundaria o 25 N "contra a violencia de xénero".

Ligazón ao 25 N - 2019

Ligazón ao repositorio de anos anteriores

 

 

 

 

CuéntaloEn abril do 2018, despois de facerse pública a sentenza do xuízo da "manada", a xornalista Cristina Fallarás lanzou a iniciativa "#cuéntalo", un hashtag contra a violencia de xénero que pretendía visibilizar a través dos testimonios de mulleres vítimas de maltrato unha dramática realidade agochada tralo silenzo. Durante 14 días mais de 800.000 mulleres denunciaron na rede as violacións, acosos e agresións ás que foran sometidas.

Unha vez realizado o traballo de campo solicitaron a colaboración do Centro de Supercomputación de Barcelona para manexar os 13 gigabytes de información, con mais de 2 millons de tuits que encherían 100 libros, de xeito que poideran converterse nun esquema sinxelo que achegara información respecto á situación da violencia de xénero sen perder cada historia individual e non sepultar os relatos persoais con cifras e estadísticas. O proceso para a construción do algoritmo a través dunha rede neuronal realizada a man foi complexo e rematou nunha páxina web impactante.

Unha colaboración entre periodismo social e tecnoloxía impresionante.

Ver web #Cuéntalo

Para saber máis Blogue #Cuéntalo 

 

"Cando os homes prefiren monecas de silicona" é un documental alemán de Claudia Bäckman e Chritoph Pöthke realizado no 2018 para a cadena ARt. Cun realismo desconcertante, as monecas de silicona emulan mulleres xoves e atractivas. Aínda que foron deseñadas como xoguetes sexuais, están a funcionar como parellas feitas a medida para solteiros na busca de compañía. 

Alumnado de Bacharelato.

Duración: 30´ 

3 spots arxentinos sobre violencia dixital, de rúa e doméstica, para a sensibilización respecto aos comportamentos machistas, as curtas focalizan na responsabilidade dos homes a solución do problema.

 
Violencia Dixital Violencia na rúa Violencia doméstica

 

Curta didáctica sobre a evolución histórica do feminismo dende o seu comezo no século XVIII á actualidade.

Duración: 11´05"

Distribuir contido