try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Galería

Actividades Orientación

Presentación IES Lucus Augusti

No presente ano académico 2020/21, a situación derivada da pandemia pola COVID-19 impídenos realizar unha xornada presencial de portas abertas.

Co fin de dar a coñecer, ao alumnado de nova incorporación e máis a súas familias, as instalacións do IES Lucus Augusti e a actual oferta formativa, editamos un vídeo de presentación cun percorrido polo edificio, no que incluímos información académica de carácter xeral.     

Asemade, ofrecemos a posibilidade de realizar videoconferencias cos centros de ensino de procedencia e/ou as ANPAs, para tentar resolver as dúbidas relacionadas co proceso de ensinanza-aprendizaxe do novo alumnado.

Para facer a solicitude enviade un correo electrónico ao enderezo: ies.lucus.augusti@edu.xunta.gal indicando:

  • Centro de Ensino e/ou ANPA
  • Email de contacto
  • Teléfono de contacto
  • Etapa (ESO / Bach / FP)
  • Proposta de data e hora
  • Nº aproximado de asistentes 
  • Participantes (familias e/ou alumnado)   

8 M / inclusivo

A  Asociación COGAMI xunto a COCEMFE elaborou materiais para traballar o día da muller dende unha perspectiva inclusiva,cunha dobre finalidade:

  • Recoñecer o traballo das mulleres
  • Sensibilizar respecto ás dificultades engadidas por ter unha discapacidade
Álbum: Actividades 2020/21 -> 8M

Teatro Foro / Prevención da violencia de xénero

A Fundación Matrix desenvolveu no IES Lucus Augusti un obradoiro orientado a prevención de violencia de xénero nos cursos de 3º da ESO, a metodoloxía empregada foi o Teatro Foro, unha técnica semelllante ao psicodrama que busca a participación activa do alumnado para conseguir, mediante a expresión de emocións inducidas pola dramatización de situacións relacionadas co maltrato á mulller, a modficación de actitudes.

Álbum: Actividades 2018/19 -> Teatro Foro

Obradoiro de xornalismo orientado ao alumnado de 1º de bacharelato de CCSS / HH Poñente: Pablo Díaz Bouza 

Organiza: Asociación Galega de Xornalismo / Fundación "La Caixa" 

12 de abril de 2019

 

Trastornos da Conducta Alimentaria

Conferencia de Luz Cid Orin, responsable da Asociación de Prevención e axuda aos Trastornos da Conducta Alimentaria. (CIORGALICIA)

Orientada ao alumnado de 4º ESO

22/01/2019

Álbum: Actividades 2018/19 -> Trastornos da Conducta Alimentaria

Campus Terra 2019

Xornada de orientación académica organizada pola USC. Información sobre o Campus Terra de Lugo. 

Dirixida ao alumnado de 4º ESO

07/03/2019  

   

Álbum: Actividades 2018/19 -> Campus Terra
Distribuir contido