O “Efecto Matilda” é un prexuizo en contra do recoñecemento dos logros das mulleres científicas”
“#No more Matildas” é unha forma de poñer de manifesto as trabas ás que se viñeron enfrontando as mulleres que quixeron entender o mundo no que se atopaban dedicándose á ciencia. Podemos afirmar con case total seguridade que estes grandes descubrimentos para a humanidade só puideron desenvolverse porque estes científicos foron homes, esta brecha de xénero segue existindo hoxe, aínda que esteamos nunha situación indiscutiblemente mellor.
Interesante documental, presentado como unha fusión entre as declaracións de expertos estreitamente vinculados ás redes sociais e unha dramatización, ao estilo de "Insight out", cargada de símbolos subliminares, que o fai máis accesible ao público adolescente.
A preocupación pola distopía tecnolóxica, visibilizada a través de escritores como Harari ("Homo Sapiens" e "Homo Deus") ou Peirano ("El enemigo conoce el sistema"), é levada á pantalla por Jeff Orlowski nun formato impactante. Descubrir que os gurús da era dixital comezan a reclamar ética ... é inquedante. Isa ansia de filosofía, en boca dos artífices da inminente debacle da humanidade, resulta tan esperanzadora como sospeitosa.
"Nada será Igual" é un proxecto educativo para concienciar respecto ao ciberbullying. O director Víctor Antolí realizou este traballo baseánodse na iniciativa no ano 2014 do alumnado de bacharelato de último curso de Intertpretación nun IES de Castellón, a partir desacurtaxestouse este filme, que forma parte da campaña #Ypunto, un movimento social que consite en mandar un punto a través das redes sociais como apoio ás vítimas de acoso.Ligazón a Youtube
Presentación coas Becas para o ano académico 2020. Están distribuídas en función aos meses nos que se produce a convocatoria. En xeral, soe repetirse o calendario dun ano a outro polo que podedes consultar as que presumiblemente se publicaran para o vindeiro curso.